Chlamydophila pneumoniae: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
''C. pneumoniae'' é un causante común de [[pulmonía]] en todo o mundo, e é un tipo de [[pneumonía adquirida na comunidade]]. Como o seu tratamento e diagnose son diferentes das causas da pulmonía recoñecidas historicamente, como as infeccións por ''[[Streptococcus pneumoniae]]'', esta pulmonía por ''C. pneumoniae'' denominouse como "[[pneumonía atípica]]" .<ref>{{cite journal |author=Pignanelli S, Shurdhi A, Delucca F, ''et al.'' |title=Simultaneous use of direct and indirect diagnostic techniques in atypical respiratory infections from Chlamydophila pneumoniae and Mycoplasma pneumoniae.|journal=J Clin Lab Anal. |volume=23 |issue=4 |pages=206–9 |year=2009 |pmid=19623657 |url= |doi=10.1002/jcla.20332}}</ref>
 
Avaliouse en moitos estudos a posible conexión entre casos previos de infección por ''C. pneumoniae'' e o [[cancro de pulmón]]. Unha [[metaanálise]] de datos [[seroloxía|serolóxicos]] que comparaba casos previos de infeccións por ''C. pneumoniae'' en pacientes que posterioremte desenvolveron cancro pulmonar oue outro que non encontrouo desenvolveron deu resultados que suxiren que ditas infeccións previas estaban asociadas cun lixeiro incremento do risco de desenvolver cancro de pulmón.<ref>{{cite journal |author=Zhan P, Suo LJ, Qian Q, ''et al.'' |title=Chlamydia pneumoniae infection and lung cancer risk: A meta-analysis |journal=Eur. J. Cancer |volume=47 |issue=5 |pages=742–7 |year=2011 |month=March |pmid=21194924 |doi=10.1016/j.ejca.2010.11.003 |url=}}</ref>
 
Tamén se investigou a asociación entre a infección por ''C. pneumoniae'' e a [[aterosclerose]] e obstrucións coronarias, e as probas serolóxicas, análises patolóxicas directas de placas e probas ''in vitro'' suxiren que a infección crónica por esta bacteria pode ser un factor de risco para o desenvolvemento de placas ateroscleróticas. A infección por ''C. pneumoniae'' incrementa a adherencia de [[macrófago]]s ás [[célula endotelial|células endoteliais]] ''in vitro'' e en [[aorta]]s ''[[ex vivo]]''.<ref>{{cite journal |author=Takaoka N, Campbell LA, Lee A, Rosenfeld ME, Kuo CC |title=Chlamydia pneumoniae infection increases adherence of mouse macrophages to mouse endothelial cells in vitro and to aortas ex vivo. |journal=Infect Immun. |volume=76 |issue=2 |pages=510–4 |year=2008 |month=February |pmid=18070891 |doi=10.1128/IAI.01267-07}}</ref> Porén, os datos actuais non definen o frecuente que é atopar a ''C. pneumoniae'' nos tecidos vasculares ateroscleróticos e nos normais, nin permiten determinar se a infección por ''C. pneumoniae'' ten un efecto causal na formación de ateromas ou se simplemente é un "pasaxeiro inocente" nesas placas. Os ensaios de maior tamaño que estudaron o uso de [[antibiótico]]s como prevención de enfermidades asociadas con aterosclerose, como os [[ataques ao corazón]] e [[accidente cerebrovascular|ataques cerebrovasculares]], non mostran ningunha diferenza significativa entre os antibióticos e o [[placebo]].<ref>{{cite journal |author=Mussa FF, Chai H, Wang X, Yao Q, Lumsden AB, Chen C |title=Chlamydia pneumoniae and vascular disease: an update |journal=J. Vasc. Surg. |volume=43 |issue=6 |pages=1301–7 |year=2006 |month=June |pmid=16765261 |doi=10.1016/j.jvs.2006.02.050 |url=}}</ref>