Diferenzas entre revisións de «Epitalamio»

aumentado desde http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Epitalamio&oldid=68626652
(lig int a wikifontes)
(aumentado desde http://es.wikipedia.org/w/index.php?title=Epitalamio&oldid=68626652)
O '''epitalamio''' (do [[Lingua grega|grego]], ''sobre'' + ''leito nupcial'') é un subxénero da [[lírica]] consistente en composicións referidas a [[voda]]s. Foi cultivado na [[Grecia Clásica]], e foi posteriormente imitado na [[Roma Antiga]]. Adoitaban cantarse á porta da habitación dos [[noivo]]s por coros de mozos e [[doncela]]s acompañados de [[frauta]]s e outros instrumentos suaves e harmoniosos.
{{Literatura en progreso}}
 
==Historia==
O '''Epitalamio''' é un subxénero da [[lírica]] consistente en composicións referidas a [[voda]]s.
Os epitalamios ou cantos nupciais estaban xa en uso entre os [[hebreos]] nos tempos do rei [[David]]. Na Grecia Clásica comezou sendo unha sinxela aclamación ao deus [[Himeneo]], cuxa palabra pasou a ser un accesorio do epitalamio, intercalando o seu nome no poema, expresando así o coro os votos a favor dos desposados. Compuxeron epitalamios [[Safo]], [[Calímaco]] e [[Hesíodo]], que fixo un para a voda de [[Tetis]] e [[Peleo]].
 
O epitalamio [[Latín|latino]] iniciábase coa aclamación do deus das vodas Talasio. Mais despois dábase paso a versos fesceninos, con groserías e obscenidades, que estiveron en uso até o tempo de [[Catulo]]. Este poeta foi o primeiro dos latinos en tomar por modelo a Safo, substituíndo Talasio por Himeneo e mellorando a calidade dos epitalamios.
 
Trala [[idade media]] o xénero foi reabsorbido con outros de inspiración clásica polo [[Renacemento]].
 
Un exemplo son as ''[[s:Letrillas de los labradores gallegos a los regios esposorios|Letrillas de los labradores gallegos a los regios esposorios]]'', unhas coplas en [[lingua galega]] de autoría descoñecida, que tratan sobre o matrimonio entre [[Fernando VII de España]] e [[María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias]] en 1829.
 
==Véxase tamén==
===Bibliografía===
*[[Joaquín Bastús|Bastús, J.]]: "[http://books.google.es/books?pg=PA200&dq=el+trivio+y+el+cuadrivio&id=XtiTvL95bOIC#v=onepage&q&f=false ¿Qué es un Epitalamio?]", en ''El Trivio y el cuadrivio'' (1868).
 
[[Categoría:Poesía]]