UTR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
 
==Rexión 3' UTR==
A rexión 3' é unha rexión non traducida do [[extremo 3']] do ARNm, que comeza a partir do final da rexión codificante do ARNm. A lonxitude da rexión 3´' UTR ten unha variación considerable nos ARNm de mamíferos (vai desde 60-80 ata 4000 [[nucleótido]]s, no home uns 700). Isto suxire que o [[xenoma humano]] evolucionou para incrementar o uso de mecanismos de control post-transcricional na [[expresión xénica|expresión de xenes]]. Identificáronse 2772 secuencias curtas de nucleótidos na 3´ UTR, onde se unen os elementos reguladores do ARNm.
 
En moitos ARNm comprobouse que as rexións 3´ UTR están implicadas na regulación da estabilidade, localización e tradución dos mesmos. As rexións 3´ UTR gobernan a expresión dos xenes grazas á interacción entre os compoñentes estruturais do [[ARNm]] ([[elemento regulador en cis|elementos en cis]]) e factores específicos que [[actuación en trans|actúan en trans]] (proteínas que se unen a ARN e [[ARN non codificante]]s).
Liña 38:
# O papel das rexións 3´ UTR na incorporación de [[aminoácido]]s para formar [[proteína]]s é moi importante, xa que variacións dentro da [[secuencia de nucleótidos]] en ditas rexións produce un grande efecto no metabolismo de ditas proteínas.
 
Nas rexións 3´' UTR únense dous tipos de elementos orixinando así dous tipos de regulación do ARNm: elementos cis e factores trans, implicados no [[cancro|cáncer]] (orixinan células tumorais, xa que regulan ARNm que codifica compoñentes do ciclo celular). En células normais sen alterar, os ARNm nas súas rexións 3´' UTR non presentan ningunha unión destes factores trans, entanto que nas células que si están alteradas se unen moitos deses factores que alteran a estabilidade do ARNm e a eficiencia da súa tradución.
 
Na rexión 3' UTR dun ARNm atopamos varias secuencias reguladoras<ref>{{cite journal |author=Mazumder B, Seshadri V, Fox PL |title=Translational control by the 3'-UTR: the ends specify the means |journal=Trends Biochem. Sci. |volume=28 |issue=2 |pages=91–8 |year=2003 |pmid=12575997 |doi=10.1016/S0968-0004(03)00002-1}}</ref>:
Liña 45:
* Sitios de unión para os [[microARN]].
 
A regulación faise a través de clusters de factores que se unen a esas secuencias características. Un dos factores trans máis importantes na regulación que se unen ás rexións 3´' UTR son os [[microARN]], os cales exercen unha regulación negativa do ARNm, xa que promoven a súa degradación ou a represión da tradución.
Exemplos de elementos cis que se une en secuencias ARE de 3´ UTR son: proteínas HuR (estabilizan o ARNm), AUF1, TTP (degradan o ARNm), HuR (aumenta a tradución do ARNm), TIA-1, TIAR (reducen a tradución do ARNm). Estes elementos poden competir por unha mesma área do ARNm.