Lumbricus terrestris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
'''''Lumbricus terrestris''''' é unha especie de [[miñoca]] ([[anélido]] [[oligoqueto]] terrestre) de cor avermellada da familia dos [[lumbrícidos]] típica de [[Europa]], pero actualmente estendida por todo o mundo debido ás introducións favorecidas polos humanos. Na maior parte de Europa é a especie de miñoca de maior lonxitude, xa que a súa lonxitude media está entre 20 e 25 cm, pero pode ser meirande, e en diámetro non adoita chegar a 1 cm. Non é a única especie de [[anélido]] que recibe o nome de miñoca, pero é a miñoca máis coñecida popularmente, porque debido aos seus hábitos de saír á superficie a alimentarse ou copular é a máis facilmente visible en xardíns e terreos agrícolas de climas temperados, aínda que non é a máis abundante. Ademais, é o exemplo típico de anélido que se estuda nos libros escolares da maior parte do mundo.
O seu corpo está segmentado en aneis, xeralmente 110-160. A súa parte ventral é aplanada. Os aneis 31-37 producen unha secreción que forma un engrosamento do corpo, chamado clitelo, que intervén na reprodución formando un casulo para os ovos. A cor do corpo é rosa ou avermellada, máis castaño avermellado na parte dorsal e máis amarelento na ventral. As sedas ou quetas que presenta no seu corpo están distpostas de forma apareada a ambos os lados do seu corpo. Un extremo do seu corpo, onde ten a boca, é bicudo, e o oposto é avultado.