Lumbricus terrestris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
Vive en terreos húmidos. Ten o hábito de enterrarse en túneles temporais profundos e saír á superficie a alimentarse, a diferenza da maioría das outras especies de miñocas, que se alimentan baixo terra. Un raro hábito desta especie é empuxar follas á entrada dos seus túneles, onde apodrecen e despois come os restos. En xeral aliméntase de materia orgánica en descomposición, esencialmente de restos vexetais mesturados coa terra, pero tamén foi observada alimentándose de restos de insectos e feces. Polos seus hábitos de formar túneles é moi importante para a aireación e mestura dos solos e formación do [[humus]].
 
A duración da vida de ''L. terrestris'' crese que está entre os 4 e os 8 anos, e en catividade sábese dalgúns exeplaresexemplares que chegaron a vivir seis anos. É [[hermafrodita]], aínda que na reprodución interveñen dous individuos. Cada individuo recibe seme do outro, que almacena nun receptáculo seminal, e ambos forman os seus propios ovos, pero estes non se fecundan inmediatamente. Despois, a zona engrosada do corpo chamada clitelo produce un casulo mucoso con forma de cinto no que cada individuo deposita os seus ovos e o esperma recibido do outro individuo; neste casulo ten lugar a fecundación do ovo, polo que esta é externa. Finalmente abandona na terra o casulo cos ovos fecundados.
 
En partes das Illas británicas ''L. terrestris'' está sendo depredado por [[turbelarios]] introducidos polo home como ''Arthurdendyus triangulatus'' ou ''Australoplana sanguinea'', orixinarios de [[Nova Zelanda]] e [[Australia]]. Isto está acabando con estas miñocas nesas áreas, o que ten un efecto prexudicial para o mantemento da estrutura e calidade dos [[solo]]s, que as miñocas favorecían. Porén, noutras áreas do mundo o propio "Lumbricus terrestris" é unha especie invasora, como ocorre en parte de Norteamérica.<ref>{{cite journal | author = Kladivko EJ, Akhouri NM, Weesies G | year = 1997 | title = Earthworm populations and species distributions under no-till and conventional tillage in Indiana and Illinois | journal = Soil Biol Biochem | volume = 29 | pages = 613–615}}</ref><ref>{{cite journal | author = Butt KR, Shipitalo MJ, Bohlen PJ, Edwards WM, Parmelee RW | year = 1999 | title = Long-term trends in earthworm populations of cropped experimental watersheds in Ohio, USA | journal = Pedobiologia | volume = 43 | pages = 713–719}}</ref><ref>{{cite journal | author = Frelich LE, Hale CM, Scheu S, Holdsworth AR, Heneghan L, Bohlen PJ, Reich PB | year = 2006 | title = Earthworm invasion into previously earthworm-free temperate and boreal forests | journal = Biol Invasions | volume = 8 | pages = 1235–1245}}</ref><ref> {{cite journal | author = Hale CM, Frelich LE, Reich PB | year = 2005 | title = Exotic European earthworm invasion dynamics in northern hardwood forests of Minnesota, USA | journal = Ecol Appl | volume = 15 | pages = 848–860}}</ref>
 
==Notas==