Pío XI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
== Papado ==
O [[6 de febreiro]] de [[1922]], á morte de [[Bieito XV, papa|Bieito XV]], foi electo [[papa]] polo [[Sacro Colexio Cardenalicio]] en [[Conclave]]. A súa coroación papal realizouse na explanada da [[Basílica de San Pedro]], acto que despois sería imitado por [[Pío XII, Papa|Pío XII]], [[Xoán XXIII, Papa|Xoán XXIII]] e [[Paulo VI, Papa|Paulo VI]], e lugar onde se realizan as actuais "Misas de Inicio de Pontificado". dendeDende a autoproclamación da "catividade" da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] por [[Pio IX, papa|Pío IX]] en [[1870]], era esta a primeira coroación pública dun papa dende entón. Os seus predecesores foron coroados na [[Basílica de San Pedro]] ou na [[Capela Sistina]], como o fixeron [[León XIII, papa|León XIII]], [[Pio X, papa|Pío X]] e [[Bieito XV, papa|Bieito XV]]).
 
O seu papado caracterizouse polo recoñecemento do [[Italia|Estado italiano]] por parte da Igrexa, cuestión pendente dende a ocupación dos [[Estados Pontificios]] polo reino de [[Italia]] en 1870. Pío XI asinou co goberno italiano de [[Benito Mussolini]] e o rei [[Vítor Manuel III]] o [[Tratado de Letrán]] (febreiro de [[1929]]), que deu nacemento ó estado [[Vaticano]] independente.
Liña 35:
Afirmouse que cara fins de [[1938]] Pío XI preparaba un documento similar no que se aprestaba a denuncia-lo [[antisemitismo]] do réxime nazi, pero esta [[encíclica]], cuxos borradores foron descubertos non hai moito, nunca foi publicada debido á súa enfermidade e morte.
 
Outra [[encíclica]] importante do seu reinado é a denominada ''[[Quadragessimo anno]]'' que conmemorou os corenta anos da publicación da [[Rerum Novarum]] de [[León XIII, papa|León XIII]] de [[1891]] e na que a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] tomaba posición por vez primeira fronte ó [[movemento obreiro]].
 
Pio XI morre o [[10 de febreiro]] de [[1939]], cando só faltaban uns poucos meses para que estalase a [[Segunda Guerra Mundial]]. Durante o seu pontificado, a [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] fortaleceuse como institución e comezou a ser un referente importante a nivel mundial non soamente nos aspectos relixiosos senón tamén políticos.