Hermisende: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
Durante a [[Guerra de Restauración portuguesa]] (1640), as poboacións de San Ciprian, Ermesende e Teixeira, ata entón portuguesas, desmarcáronse da causa do novo rei luso, [[Xoán IV de Portugal]], e do sentir xeneralizado da provincia de [[Trás-os-Montes]], motivo polo que quedaron definitivamente vinculadas a España.<ref>http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
Con posterioridade, e basicamente consecuencia das interrelacións das localidades deste municipio coas súas poboacións veciñas, tanto españolas coma portuguesas, foise conformando unha situación lingüística particular que perdurou ata os nosos días. Neste sentido, Clarinda da Azevedo Maia di que "as variedades dialectais relacionadas unhas con outras sen case inexistentes puntos de transición, constituían un verdadeiro contínuum dialectal, constituíndo así, toda esa zona, unha complexa rexión de cruzamento de trazos galego-portugueses e leoneses,".
<ref>http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >