Hermisende: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 29:
Un dos aspectos máis rechamantes deste concello é a singularidade da súa fala, xurdida como consecuencia de factores históricos e socioculturais derivados da súa posición fronteiriza con [[Galicia]] e [[Portugal]], e que actualmente mostra claras evidencias dunha notable influencia recibida da lingua galega e portuguesa.<ref>http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
A peculiaridade da fala de Hermisende e os seus anexos ([[ A Teixeira, Hermisende|A Teixeira]], [[San Ciprián (Hermisende)|San Ciprián]], [[Castrelos (Zamora)|Castrelos]] e [[Castromil (Zamora)|Castromil]]) levou a algúns lingüistas a encadralo nalgunha das formas de dialecto posibles galego-portugueses, sen que exista na actualidade unha unidade doctrinal.<ref>http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >
 
A formación desta fala se remonta á [[Idade Media]], e ten a súa orixe no carácter fronteirizo do seu territorio, en constante disputa por parte dos distintos reinos existentes ao longo da historia, situación que provocou un continuo desprazamento da liña de fronteira e que, en máis dunha ocasión, situou a este territorio como terra de ninguén. Tamén houbo múltiples intentos por alcanzar unha delimitación oficial e definitiva, como a ocurrida durante o reinado de [[Afonso IV de Portugal]] (1325-57), co nomeamento de comisións para a delimitación fronteiriza hispano-lusa.<ref>http://www.hermisende.com/dialecto.htm Dialecto</ref >