Lente (óptica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Idade Antiga
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 16:
Foi en [[Nínive]], antiga capital do [[Asiria|Imperio asirio]], onde, no [[século XIX]], Sir Austen Henry Layard descubriu os primeiros vidros lentiformes, en [[estrato (xeoloxía)|estratos]] datados en 4000 anos antes da nosa era. Ignórase para que servían exactamente, pero este descubrimento suscita numerosas preguntas porque esta cidade foi durante longo tempo o gran centro comercial e cultural do [[Medio Oriente]], e porque a vulgarización dos coñecementos adquiridos é unha práctica rara na [[Idade Antiga|Antigüidade]].
 
As primeiras mencións inequívocas da utilización dunha lente proveñen da [[Grecia antiga]]. [[Aristófanes]] menciona na súa obra ''As nubes'', escrita en [[423]] a.C., un ''vaso de lume'' (unha lente converxente utilizada para producir [[lume]] concentrando nun punto os [[raioRaio (luz)|raios solares]]).
 
Os escritos de [[Plinio o Vello]] ([[23]] - [[79]]) mostran igualmente que un dispositivo como aquel era coñecido no [[Imperio romano]]. Menciona tamén o que pode interpretarse como a primeira utilización dunha lente para corrixir a [[vista]] describindo o uso que facía [[Nerón]] dunha [[esmeralda]] de forma convexa nos espectáculos de [[gladiador]]es (probabelmente para corrixir unha [[miopía]]).