Mercadotecnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 53:
===Segunda fase: marketing mix===
{{AP|Marketing mix}}
* [[produto (obxecto)|Produto]]: En mercadotecnia un produto é todo aquilo tanxible ou intanxible (ben ou servizo) que se ofrece a un mercado para a súa adquisición, uso ou consumo, e que pode satisfacer unha necesidade ou un desexo. Pode chamarse produto a obxectos materiais ou bens, servizos, persoas, lugares, organizacións ou ideas. As decisións respecto deste punto inclúen a formulación e presentación do produto, o desenvolvemento específico de [[Marca comercial|marca]], e as características do empaque, etiquetaxe e envase, entre outras.
 
* [[Prezo]]: É o [[valor]] [[diñeiro|monetario]] dun intercambio asociado á transacción. O prezo non ten relación con ningún dos custos asociados ao produto ao que se lle fixe, senón que debe ter a súa orixe na cuantificación dos beneficios que o produto significa para o mercado, e o que este estea disposto a pagar por eses beneficios. Sen prexuízo do anterior, para a fixación do prezo considérase os prezos da competencia, o posicionamiento desexado e os requirimentos da empresa. Adicionalmente, e como motivo de avaliación da conveniencia do negocio, compáranse os prezos cos custos unitarios -incluíndo neles, os de produción, operación, loxística e calquera outro atinente-.