Vilamaior de Caldelas, Castro Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-\|densidade = \r\n\|entidades +|entidades)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 29:
 
==Economía==
A xente sempre viviu do “campo”, da agricultura e da gandaría, e en menor medida da silvicultura (explotación da madeira). Basicamente sempre se tratou de economías de subsistencia baseadas no cultivo da terra en réxime de minifundio (típico da rexión, e de gran parte de [[Galiza]]), até límites case impracticables, a non ser coa aixada ou co sacho. Con axuda da gandaría, proporcionábase un extra ou plus de ingresos, os cales permitían mercar produtos, utensilios, etc. Canto aos cultivos, o que mais se sementa: as [[pataca]]s e o [[centeo]] (na actualidade o centeo case non se cultiva), [[millo]], [[remolacha]], [[garavanzo]]s, [[feixón|faba]]s, [[leituga]]s, [[tomate]]s; dánse as [[mazá]]s, [[cereixa]]s, [[pera]]s e [[pavía]]s. As xeadas sempre foron moi problemáticas, e moitas veces arruinaron a colleita.
 
Anos atrás non había moita riqueza, algunhas familias chegaron a pasar fame. Actualmente, coa despoboamento, os que quedan xa poden conseguir máis terra, tocan a mais, e vese como algunhas familias empezan a desenvolver explotacións que van máis ala da subsistencia, principalmente conectadas coa gandaría (venda de leite e de animais para carne). Por outro lado, unha parte importante do terreo produtivo está, como din no pobo, “ao ermo”, isto é, deixouse de traballar e encheuse de maleza, resultando impracticable e case impenetrable nalgúns casos. Tamén se pode observar unha rémora importante e derivada do tradicional “status estrutural” do terreo produtivo, o “multiplicador” do minifundio, divisións e mais divisións dunha parcela que se foron producindo cos correlativos repartos hereditarios. O parcelamento, algo que xa se puxo en marcha noutros concellos ou parroquias, a Vilamaior non chegou aínda.
 
==Historia==