Ido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
m Bot: Elimino: en:Ido (strong connection between (2) gl:Ido and w:Ido (language))
Rotlink (conversa | contribucións)
m deadlink fix: content removed from google cache, found on web archive
Liña 37:
 
[[Ficheiro:Ido Kongreso en Desau 1922.jpg|miniatura|300px|Fotografa do Congreso Internacional de Ido en [[Dessau]], [[Alemaña]] en [[1922]].]]
Os primeiros promotores do esperanto resistíronse ás reformas e o propio inventor, [[L.L. Zamenhof]] non as aceptou. Ironicamente, algunhas reformas adoptadas polo ido foran así mesmo propostas varias veces por Zamenhof, aínda que só propuxo varias reformas para contentar a varios esperantistas que o pediron. En [[1894]], propuxo eliminar as letras acentuadas por ser "unha barreira na difusión da lingua", eliminar tamén o [[caso acusativo]], cambiar o plural -oj ao italián -i, e prescindir da concordancia adxectivo-sustantivo por considerala un ''lastre superfluo''.<ref>[http://64web.233archive.187.104org/search?q=cache:ghCLenIyOzEJweb/20061211163715/http://www.geocities.com/paris/rue/8009/idolinguo/054_074.html+%22superfluous+ballast%22+zamenhof&hl=en]</ref> O hábito de manter inamovibles as regras básicas do esperanto aínda permanece grazas ao fundamento o esperanto sobreviviu ás guerras mundiais, conflitos internos do movemento e a calquera intento de debilitar o esperanto. Couturat, que foi o principal impulsor do ido, morreu nun accidente de coche en [[1914]], o cal, xunto á [[Primeira Guerra Mundial]] supuxo un serio revés ao movemento. A pesar de que este se recuperou en certo xeito durante período de entre-guerras todo o movemento para a instauración dunha lingua internacional sufriu un proceso de fragmentación tras a morte de Couturat. A publicación doutra lingua máis europeizada, o [[interlingue|occidental ou interlingue]], en 1922 supuxo o inicio dun proceso de atomización da comunidade e o ido perdeu a maior parte das súas publicacións periódicas. A ''deserción'' dun dos seus principais promotores, o lingüista danés [[Otto Jespersen]], en 1928 con ocasión da publicación da súa propia linguaxe (o [[novial]]), pareceu sentenciar ao ido. Despois das guerras mundiais, aos poucos levantouse o movemento idista, pero este comezou a perder membros e case todas as sociedades nacionais desapareceron, incluíndo a Academia de Ido. Actualmente existen un puñado de sociedades que son máis virtuais que reais aínda que é digno de destacar a sociedade idista de Berlín, o único club idista existente. Este club edita unha revista bilingüe alemán-ido e participa activamente na feira de idiomas de Berlín.
 
Algúns observadores achacaron o declive do ido ao seu carácter híbrido (parte proxecto de reforma do Esperanto, parte [[Hipótese de Sapir-Whorf|estándar común europeo]]). Segundo isto, no mesmo instante en que o ido non puido suplantar ao esperanto e que non foi adoptado pola comunidade esperantista, moitos viron a convivencia entre ambas as linguas como un peso innecesario e dirixíronse cara a outros proxectos. Moitos tamén preferiron retornar á comunidade esperantista, moito máis numerosa.