Asadur, Maceda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 10:
|entidades = 12
}}
'''Asadur''' (do latín ''Saturius'' ou ''villa Saturii'') é un pequeno núcleo poblacionalpoboacional do concello de [[Maceda]], situado nas abas do [[monte do Rodicio]], coñecidas na [[Idade Media]] como 'costa de Sadur'. Hai constancia documental deste lugar<ref>(Emilio Duro Peña 1973: Archivos Leoneses, nº 54:309-365)</ref> dende o século X ata mediados do século XIV por fundarse un mosteiro de monxas bieitas ('touquinegras'). Na igrexa conservase a pedra máis antiga do contorno, utilizada como ara do altar maior ata a reforma do [[Concilio Vaticano II]]. Crese que se remonta o século III d.C. e nela figura unha inscrición en [[latín]] a modo de dedicatoria ó cuestor [[Roma antiga|romano]] Licinius, que di así: "Q. Licinio Veget. / res p. Int. / super alia con/plura merita / pares cum fisco/ rationes infati/gabili cura et / industria eius / consecuta (trad.: A respública dos Interamnenses fai esta dedicatoria a Quinto Licionio, pero sobre todo a causa da súa infatigable preocupación e traballo por obter do Fisco xustiza nos tributos para aquela).
 
[[Patrick Le Roux]]<ref>(1996: "As ciudades da Gallaecia romana durante O alto Imperio", en Gerión, nº 14:363-379, Servicio de publicacións da Universidade Complutense de Madrid)</ref> afirma que esta inscrición "permite situar de modo case seguro o lugar central dos ''[[interamici]]''". Patrick Le Roux situaría a ''[[civitas Interamicorum]] ''e o seu ''oppidum ''de nome descoñecido na aldea de Asadur, municipio de Maceda (Ourense).
 
No lateral oeste da igrexa (fachada exterior da sancristía) consérvase un baixorrelevo que [[Emilio Duro Peña]] (1973) calificoucualificou de 'prerrománico'; [[Elixio Rivas Quintas]]<ref>(1991: un baixorrelevo en Asadur coa escea do Calvario", en Porta da Aira, 4:9-26)</ref> cualifícao de 'visigótico'. Na esquina superior dereita aparece unha breve inscrición en dobre liña: "IhS IN CRU/CE" (Xesús na Cruz).
 
Da importancia histórica desta poboación dá unha idea o sarcófago da capela da Virxe Dolorosa, situada ó lado da epístola, onde está soterrado don Pedro Vázquez de Castro, Comisario do Santo Oficio e señor dos cotos de Outeiro do Cabo, Cas García e granxa da Chaira de Vascós. Na parede, debaixo do escudo, una inscrición rota por unha ventá aberta con posterioridade di así: "Esta capela (fundou e) dotou o Ldo. Pº Vázquez de Cas(tro comi)sario do sto. oficio e abade de Asad(ur an)o de 1656". E no frontal do sepulcro ben conservado hoxe reza o seguinte: "Aquí está o corpo do comissario (don Pedro) Vázquez fundador desta capela. Ano de 1656".