Diocese de Britonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3062284 de EwenRD (conversa)
alí dous artigos sobre o mesmo tema
Liña 1:
#REDIRECT [[Britonia]]
{{diocese
|Nome=Diocese de Britonia
|Latín_diocese=Britoniensis
|Papa=[[Francisco, papa]]
|Ordinario=[[Paweł Cieślik]] (Bispo Titular)
|ereccion=arredor do [[século V]]
|Igrexa=[[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]
}}[[Ficheiro:Britonia6hcentury.png|miniatura|dereita|200px|Mapa dos asentamentos britanos arredor do século VI d.C.]]
A '''diocese de Britonia''' foi unha antiga división episcopal da [[Gallaecia]], e na actualidade é unha [[sé titular]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]].
 
==Fontes==
Esta [[diocese]] aparece citada no ''[[Parochiale suevorum]]'', un documento que mostra a organización eclesiástica da Galiza da época do [[Reino Suevo]], que se data entre 572 e 573. Aparece citada como ''Sedem Britonorum'', é dicir, ''sede dos bretóns'', indicando que lle pertencen as igrexas do interior dos bretóns, o mosteiro ''Maximi'', e as igrexas sitas en Asturias.
 
No [[Concilio de Lugo|Primeiro Concilio de Lugo]], datado en 569, cítase o bispo [[Mailoc]], como representante de Britonia; este bispo reaparece no 572 no [[Segundo Concilio de Braga]].
 
A diocese é posteriormente citada noutros concilios, xa con outros representantes en época visigoda (desde 585, o reino suevo fora incorporado aos dominios visigodos), en [[Concilios de Toledo|Toledo]] (IV, VII e VIII). A derradeira mención corresponde ao ano 675, no III Concilio de Braga. Algúns autores supoñen que o episcopado britoniense desaparece por mor das invasións musulmás, mais polo contrario modernos autores apuntan á continuidade da mesma baixo outra denominación. En calquera caso, a posterior [[diocese de Mondoñedo-Ferrol]] sería a herdeira da britoniense.
 
==Localización==
O territorio da antiga diocese dos [[bretóns|britóns]] —Britonia— ocupou principalmente a franxa costeira da [[Mariña de Lugo|Mariña Luguesa]] ata a [[comarca da Terra Chá]], chegando a súa influencia ata as costas da comarca do [[Eo]]-[[Navia]] polo leste, e de [[Ferrol]] polo oeste. A súa antiga sé, coñecida co nome de ''Mosteiro Máximo'' foi identificado por algúns autores como [[Manuel Díaz y Díaz|Díaz y Díaz]] coa basílica medieval de [[San Martiño de Mondoñedo]], onde se atopan restos do séculos V-VI d.C. Cambiando de sé e nome en varias ocasións, a actual diocese galega de [[Mondoñedo]] é a súa sucesora histórica. Cada ano no mes de agosto a vila de Bretoña celebra o seu pasado coa Festa do [[Lugnasad]], xuntanza lúdico-cultural que esta a sumar maior capacidade de convocatoria cada ano no calendario festivo galego.
 
O asentamento desta vaga de emigrantes bretóns e a creación dunha diocese relixiosa propia supón o segundo maior asentamento dun pobo estranxeiro en terras galegas, despois dos [[suevos]].
 
==Orixes==
A diocese de Bretoña, debeu ser fundada por bretóns insulares, os primitivos [[bretóns]] ou britanos, como habitantes da illa de Bretaña, a actual [[Gran Bretaña]]<ref name=Britonia>[http://www.pangalaica.com/britonia/inicio.htm Bretoña, sede do bispado de Britonia].</ref>. Compelidos polas invasións [[anglosaxóns|anglosaxoas]], grupos xermanos que desembarcan na Gran Bretaña, comunidades bretoas abandonan a illa entre o [[século IV]] e [[século VII|VII]], dirixíndose basicamente ás costas galas, onde se asentan na península de [[Armórica]], que acabará por tomar o nome actual de [[Bretaña]], a consecuencia deste poboamento.
 
É indubidábel que se dirixiran tamén para outras partes<ref name=Britonia/>. Certos grupos deberon chegar até as costas setentrionais galegas, onde se organizaron en comunidades, e onde introduciron a a súa peculiar organización relixioso-cristiá algo diferente. Os toponimistas non dubidan en identificar os seus asentamentos cos varios lugares denominados Bretoña na Galiza, aparte do da [[A Pastoriza|Pastoriza]]: [[Bretoña, Curro, Barro|Bretoña]] ([[Barro]]), [[Bertonía, San Martiño de Anllo, Sober|Bertonía]], [[Bertoña, A Capela, A Capela|Bertoña]], etc.
 
Tamén o nome propio [[Mailoc]] é de ascendencia celta-insular, relacionado con diferentes variantes, Maeloc, Maedoc ou Mailog, co significado de ''príncipe'' ou ''xefe''<ref>Indíxenas e romanos na Galicia céltiga, Brañas Abad, Rosa María. (1995).ISBN 13: 978-84-605-4361-9. pp-134.</ref>.
 
===Bispos===
Bispos coñecidos da ''ecclesia Brittaniensis'':
 
*[[Mailoc]] ([[Segundo Concilio de Braga]], 572)
*[[Metopio|Metopius]] ([[Cuarto Concilio de Toledo]], 633)
*[[Sonna de Bretoña|Sonna]] ([[Sétimo Concilio de Toledo]], 646)
*[[Susa de Bretoña|Susa]] ([[Oitavo Concilio de Toledo]], 653)
*[[Bela de Bretoña|Bela]] ([[Terceiro Concilio de Braga]], 675)
 
==Sé titular==
En [[1969]] a diocese foi recuperada como unha [[sé titular]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]]. Dende entón, os [[bispo]]s titulares da mesma teñen sido os seguintes:
*[[Eugene O'Callaghan]] (1969 - 1971)
*[[John Brewer]] (1971 - 1983)
*[[Edward Joseph O'Donnell]] (1983 - 1994)
*[[Paweł Cieślik]] (1994 - actualidade)
 
==Notas==
<references />
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*Bernier, Gildas, "As igrexas bretonas en Galicia". Boletín Museo Provincial de Lugo, I. 1983. pp. 67-74.
*García García, Antonio, "Ecclesia Britoniensis". Estudios Mindonienses, II. 1986. pp. 121-134.
*Richards, Melville, "Mailoc", ''Habis'', III, 1972, p. 159.
*Thompson, E. A., "Britonia". Christianity in Britain 300-700, Edd. M.W.Barley e R.P.C.Hanson. Leicester. 1968. pp. 201-205.
*Tovar, António, "Un obispo con nombre británico y los orígenes de la diócesis de Mondoñedo", ''Habis'', III, 1972, pp. 155-158.
*Vives, J., ''Concilios visigóticos e hispano-romanos'', Madrid, 1963.
*Young, Simon, ''The Bishops of the early medieval diocese of Britonia'' (forthcoming).
*Young, Simon, "Note on Britones in Thirteenth-century Galicia", ''Studia Celtica'', XXXV (2001), pp. 361-2.
*Young, Simon, "The Forgotten Colony", ''History Today'', L, oct. 2000, pp. 5-6.
*Young, Simon, "Britonia: Camiños Novos", Noia, 2002. ISBN 84-95622-58-0.
 
=== Ligazóns externas ===
*[http://www.britonia.fsnet.co.uk/ The Britonian Studies Internet Resource] {{en}}
 
{{Celtas}}
 
{{ORDENAR:Britonia}}
[[Categoría:Historia de Galicia]]
[[Categoría:Gallaecia]]
[[Categoría:Divisións territoriais católicas en Galicia|Britonia]]