Xosé Manoel Núñez Seixas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Estudou Historia, especialidade Historia Contemporánea, nas [[Universidade de Santiago de Compostela]] e na de [[Dijon]]. Foi investigador no Instituto Universitario Europeo (IUE) de [[Florencia - Firenze|Florencia]] (1989-1992), onde se doutorou en Historia Contemporánea baixo a dirección dos profesores Heinz-Gerhard Haupt e Stuart J. Woolf.
 
O seu labor investigador céntrase na análise comparada dos nacionalismos —subestatais e estatais— ibéricos e europeus no século XX, así como nos estudos migratorios (nomeadamente da emigración galega á [[Arxentina]]) e na historia cultural da guerra, sobre todo da [[II Guerra Mundial]] e da [[Guerra Civil Española]], temas todos sobre os que ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, francés, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas ibéricasespañolas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeueuropeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, ibéricasespañolas e internacionais, así como do consello de redacción da revista ''Historia Social''.
 
Foi profesor titular ([[1994]]-[[2007]]) e catedrático ([[2007]]-[[2012]]) da Universidade de Santiago de Compostela (arestora en excedencia temporal). Igualmente, foi profesor convidado de varias universidades europeas ([[Bielefeld]], [[Zentrum für zeithistorische Forschung Potsdam]], París VII, París X), arxentinas (Mar del Plata) e norteamericanas (Stanford, City University of New York).