Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Traducción>tradución
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 21:
[[Ficheiro:Mappa italia bizantina e longobarda.jpg|dereita|300px|Mapa da Italia bizantina e longobarda]]
 
A principios do ano [[568]], tras pasar a fronteira do [[Friúl]], máis de 200 000 longobardos e os seus aliados invaden chaira do [[Río Po|Po]] mais, unha vez na península, chocan logo coas obras defensivas que rodean as cidades así como numerosas fortalezas romano-bizantinas. Tamén, como todo pobo bárbaro, os Longobardos prefiren o campo ás cidades e constrúen residencias rurais na fértil chaira do Po (as ''[[salae]]''), postas baixo a dependencia dunha das ''[[farae]]'' (do [[lingua xermánca|xermánico|xermánico]] ''fara'': ''banda''). Vivir en comunidade lonxe das cidades debía seguramente impedir unha asimilación rápida entre a numerosa poboación romana e preservar a cohesión nacional longobarda así como as calidades guerreiras dos seus homes.
 
Teñen lugar numerosos cercos, longos e difíciles tanto para os cercados como para os cercadores, mentres que unha parte da poboación italiana foxe cara o nordeste, a [[Venecia]] e cara a costa [[Liguria|lígur]] (rexión de [[Xénova]]). Finalmente, os longobardos apodéranse da cidade de [[Pavía]] ([[572]]) pero [[Ravenna]], última capital do [[Imperio Romano de Occidente|imperio de Occidente]], mantén a súa resistencia. Algunha bandas aramadas longobardas combatendo máis ou menos pola súa conta, infíltranse igualmente nos [[Apeninos]], no [[Benevento]] e ata [[Provenza]], de onde son expulsados polos [[francos]].