Nouvelle Vague: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 37 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q193541
Todesfuge (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Nouvelle vague''' (en galego, ''Nova Onda'') é o nome co que se coñece a un grupo de cineastas franceses que, durante a década dos sesenta, realizan filmes baixo unha serie de principios ou metas estéticas comúns. Por este motivo, é posible consideralo coma un movemento cinematográfico. Este grupo de cineastas, influenciados polo [[existencialismo]] francés de [[Jean-Paul Sartre]] e de [[Albert Camus]], pon en cuestión as estruturas narrativas tradicionais e plantexaformula a aplicación de novas técnicas de experimentación.
Esta denominación aparece por vez primeira con [[Françoise Giroud]], [[xornalista]], [[guionista]], [[escritor]]a e [[Ministro (goberno)|ministra]] do [[Goberno francés]], en [[1957]], na revista ''L’Express'' en referencia á nova forma de rodar dos novos cineastas franceses. Asemade, a cohesión deste grupo viña exercida pola revista de crítica de cine, ''Cahiers du Cinéma'', fundada en 1951 por [[André Bazin]], posto que a grande parte dos directores serían coñecidos, previamente, como críticos nesta revista. Serían, por tanto, en primeiro lugar, impulsores teóricos dunha perspectiva vangardista e crítica coas producións tradicionais e comerciais e, nun segundo momento, realizadores prácticos desa teoría.