José Manuel Fernández Alvariño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 4:
De familia de empresarios, tomou a dirección do grupo de investimentos Alvariño, con sede en [[Vigo]], que traballa en distintos sectores, dende a venda de [[automóbil]]es ata o desenvolvemento de [[software]] ou a [[enerxía fotovoltaica]].
 
En [[2003]] converteuse en presidente da Confederación de Empresarios de [[provincia de Pontevedra|Pontevedra]]. En [[2013]] desbancou o ata daquela presidente da [[Confederación de Empresarios de Galicia]], [[Antonio Fontenla]], e fíxose el coa presidencia da maior organización [[empresa]]rial galega, ao tempo que cesaba como presidente da delegación pontevedresa. Tamén foi vicepresidente da Cámara de Comercio de Vigo e formou parte das directivas doutros colectivos empresariais, como a Asociación de Talleres da provincia de Pontevedra (ATRA), da [[CEOE]], da [[Porto de Vigo|Autoridade Portuaria de Vigo]] ou do [[Consello Económico e Social de Galicia]].
 
En [[1993]] impulsou a fundación do [[Club Financeiro de Vigo]], do que ademais é presidente.