José Riestra López: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
completo dato
Liña 4:
Fillo de [[Francisco Antonio Riestra]], á súa morte en [[1880]] tomou o relevo dos seus negocios. Engrandeceu o patrimonio do pai converténdose no eixo da vida política e económica da cidade e tamén da provincia. A súa fortuna estaba baseada en propiedades territoriais, a fábrica de tellas e ladrillos da Caeira ([[Poio]]), a banca Riestra e as xestorías de cobros de foros, entre outros negocios. Foi propietario da [[illa da Toxa]], onde construíu o balneario.
 
ElixidoMembro da [[Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta|facción romanonista]] do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]], foi elixido [[Congreso dos Deputados de España|deputado a Cortes]] polo distrito da Estrada nas eleccións de 1879, 1881 e 1886 (permaneceu no cargo ata 1890), cedendo despois o distrito a [[Antonio Aguilar Correa]]. Posteriormente foi elixido senador por Pontevedra (1891-1899) e máis tarde (1900) nomeado senador vitalicio. En [[1893]] obtén o título de [[Marqués de Riestra]].
 
Casou con Mencia Pintos, coa que tivo un fillo, Fernando Riestra Pintos. Casou en segundas nupcias con María Calderón Ozores (filla de [[Vicente Calderón Oreiro]]), coa que ten sete fillos: Raimundo, Vicente, Francisco, Santiago, Mª Carmen, José Luis e Ignacio Riestra Calderón. [[Raimundo Riestra Calderón|Raimundo]] e [[Vicente Riestra Calderón|Vicente]] continuaron a carreira política do pai.