Civilización maia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 74 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q28567
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11:
Eventualmente, a cultura olmeca teríase esvaecido despois de dispersar a súa influencia na [[península de Iucatán]], na [[Guatemala]] e noutras rexións.
 
Os maias construíron as famosas cidades de [[Tikal]], [[Palenque, Chiapas|Palenque]], [[Copán]], e [[Kalakmul]], tamén [[Dos Pilas]], [[Uaxactún]], [[Altún Ha]], e moitas outras poboacións na área. Desenvolveron un imperio baseado na [[agricultura]] despois dunha longa fase de [[Cidade estado|cidades-estado]] independentes. Os [[monumento]]s máis notábeis son as pirámides que construíron nos seus centros [[Relixión|relixiosos]], xunto aos [[palacio|pazo]]s dos seus gobernantes. Outros restos arqueolóxicos moi importantes son as chamadas [[estela (monumento)|estelas]] (os maias chámanlles ''Tetún'', ou “tres pedras”), monólitos de proporcións considerábeis que describen os gobernantes da época; a súa [[xenealoxía]], os seus feitos de [[guerra]] e outros grandes eventos, gravados en caracteres [[xeróglifo|xeroglíficos]].
 
Os maias participaban activamente no [[comercio]] en toda a Meso-América e posibelmente alén. Entre os principais produtos do comercio estaban o [[cacao]], o [[cloruro de sodio|sal]], e maila [[obsidiana]].