Diferenzas entre revisións de «Templo de Xerusalén»

m (Bot: Retiro 49 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3906600)
ata formar unha explanada de aproximadamente 500 metros de longo por 300 metros de ancho. O patio interior do Templo rodeouse por un muro formado por tres capas de bloques de pedra cubertas por vigas de madeira de cedro. Neste patio interior podían entrar os peregrinos e as masas de fieis, pero o Santuario do Templo só era accesible ao rei e aos sacerdotes.
 
A construción do Templo de Xerusalén foi o evento máis importante do reinado de Salomón, grazas ao cal o seu nome recordouse ata 30 séculos logo da súa morte. Xa na biblia o Templo acaparara a maioría dos escritos onde aparecía o rei Salomón. A súa fama transcendeu os tempos, influíndo -como edificio ideal deseñado polo mesmo Deus- na concepción de edificios como [[Igrexa de Santa Sofía|Santa Sofía de Constantinopla]] ou o [[Mosteiro do Escorial]]{{compre referencia}}.
 
Logo da morte de Salomón, o templo sufriu profanacións non só coas invasións senón coa introdución de deidades siro-fenicias en certos períodos e só se restaurou en varias ocasións como nos reinados de [[Ezequías]] e [[Xosías]]. Finalmente foi destruído polo rei [[Babilonia|babilónico]] [[Nabucodonosor II]] en [[-587]], que ademais levou cativa a unha gran parte dos habitantes do [[Reino de Xudá]] cara a terras caldeas.
 
 
== O Segundo Templo ==
19.713

edicións