Formalismo ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q742779
Todesfuge (conversa | contribucións)
arranxos
Liña 1:
O '''formalismo ruso''' é un movemento de [[crítica literaria]] xurdido en [[Rusia]] entre [[1914]] e os anos [[1930|30]].
 
Partindo de que o formalismo ruso modificou as súas posturas con respecto aos conceptos de [[arte]], [[literatura]] e [[texto]] no transcurso do [[século XX]], e abriu o camiño da nova crítica angloamericana ([[New criticism]]) e ada crítica marxista, debemos dar bases para unha proxección xeral das intencións do formalismo dende un principio. Segundo [[Raman Selden]], os formalistas rusos interesábanse en establecer un método científico que puidese estudar seriamente a literatura. Para tal fin, os formalistas tiñan que illar o obxecto, a obra en si, do suxeito-creador da mesma; e limitarse ao estudo da forma en que funcionan os recursos literarios na obra; a súa suma definiría o concepto de literatura.
 
Así a todo, esta postura foi modificada substancialmente en épocas posteriores cando os formalistas interesáronse no desenvolvemento de modelos e [[hipótese]]s que "permitisen explicar como os mecanismos literarios producen efectos [[estética|estéticos]] e como o literario se distingue e se relaciona co extraliterario".