Sarandós, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Engado os monumentos históricos e o mapa parroquial
Liña 11:
|entidades = 13
}}
'''Santa María de Sarandós''' é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de [[Abegondo]] na [[comarca da Coruña]]. Segundo o padrón municipal de [[2004]] tiña 616 habitantes (312 mulleres e 304 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano [[1999]] cando tiña 630 habitantes. Linda coa parroquia de [[Figueroa, Abegondo| Figueiroa]] ao leste, ao norte e oeste con [[Carral]] e [[Beira, Carral|Herves]] e ao sur con [[Montouto, Abegondo]].
 
==Etimoloxía do topónimo==
== Peito Bordel ==
'''Sarandós''' procede probablemente do xermánico ("sa" + "rand") que xurdiría entre o século VII e X<ref name="SanchezPardo"></ref>.
== Sitios de interese cultural ==
=== Peito Bordel ===
[[Ficheiro:Torre_Peito_Bordel_(Parte_posterior).JPG|300px|miniatura|Torre de Peito de Bordel, Sarandós, Abegondo.]]
A Torre de Peito Bordel atópase no lugar de [[Bordel, Sarandós, Abegondo | Bordel]]. O edificio actual está habilitado como vivenda particular e parcialmente restaurado e data do s. XVII. A construción máis antiga que o forma é unha torre arruinada do s. XII. Segundo a [[Tributo das cen doncelas | lenda das cen doncelas]] aquí eran recluídas as mozas cristiás destinadas aos haréns dos musulmáns ata que eran embarcadas cara o seu destino. Por iso o coñecido como '''Tributo das cen doncelas''' chamóuselle tamén Peito Bordel. No ano 765, cinco fidalgos da liñaxe ''Figueroa'' e seguramente residentes ou ligados ao marquesado da lindeira parroquia de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]], fartos de semellante aldraxe e armados só con ramas de figueira, puxeron en fuxida aos mouros de Abderramán. Sobre un arco de medio punto que dá acceso á edificación, hai un escudo cadrado coas armas dos ''Figueroa'' e os Andrade e, debaixo, a cabeza dunha muller<ref>[http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castelos-de-galiza.html] "O noso patrimonio. Castelos de Galicia"</ref> <ref>[http://www.xenealoxia.org/linaxes/a-coruna/920-2009-06-28-00-11-01] Figueroa de Peito de Bordel, Xenealoxía.org</ref><ref>[http://rochacarro.blogspot.com.es/2013/06/o-tributo-das-cen-doncelas-lenda-de.html] O Tributo das cen doncelas</ref>.
 
=== Igrexa de Santa María de Sarandós ===
É a igrexa parroquial de '''Santa María de Sarandós''' é de estilo barroco, do siglo XVIII, e dunha tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Ten unha planta rectangular, con tres naves separadas por arcos. Destaca pola súa fachada principla, con dúas cruces e unha escultura da imaxe da Santa María, sobre da ventá do coro. É españada dobre e cuberta a dúas augas coa estrutura de cercas e tella curva. Aos pés da igrexa está situada a fonte dos remedios, a chamada ''Fonte santa'', e que é unha parada obrigada para os que acoden á romaria dos Remedios, que se celebra tódolos anos<ref name="turgalicia">[http://www.turgalicia.es/]Turgalicia</ref>.
 
O '''cruceiro de sarandós''' atópase preto da igrexa, na baixada dende [[Figueroa, Abegondo| Figueiroa]] dos valiños. Trátase dunha obre sobre dun pedestal de base cadrada e un arrinque de fuste con sección octogonal. Na cruz está polo anverso coa imaxe de Cristo e polo reverso coa imaxe da Virxe, ámbalas dúas figuras feitas na talla primitiva<ref name="turgalicia"></ref>.
 
=== Capela de San Xoán de Sarandóns ===
Asentada no centro da ''Calle'', atópase esta capela, dunha tipoloxía frecuente na comarca. É un templo de pequeno tamaño e dunha estrutura simple, de planta rectagular e dunha soa nave. Está feita de pedra e dunha factura moi sinxela<ref name="turgalicia"></ref>.
 
=== Castro de Xeixade ===
O [[Castro de Xeixade]] é un posible casto da idade de ferro e que está moi destruido, polo que non se pode asegurar a súa existencia. A súa posible forma sería ovalada<ref name="SanchezPardo">Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media. Sánchez Pardo, José Carlos</ref>.
 
=== Castro de Bordelle ===
O [[Castro de Bordelle]] está moi derruído e non conservado. Sería un castro da idade de ferro de 100 por 60 metros e ovalado<ref name="SanchezPardo"></ref>.
==Galería de imaxes==
<gallery>
Liña 24 ⟶ 40:
==Lugares e parroquias==
===Lugares de Sarandós===
[[Ficheiro:Sarandos.png|400px|miniatura|esquerda|Mapa xeográfico de Sarandós.]]
{{Lp Sarandós}}
===Parroquias de Abegondo===