Diferenzas entre revisións de «Ombú»

É unha planta arborescente nativa da [[La Pampa|Pampa]] [[Arxentina]] e [[Uruguai]]. Malia o seu toro groso e o seu gran porte (acadaa unha altura de 10 a 15 m, cunha ampla copa e grandes raíces visíbeis) é discutido se é unha [[árbore]], un [[arbusto]] ou unha [[herba]] xigante; quen cientificamente aducen que é unha herba xigante resaltan principalmente as curiosas características do seu talo, bastante húmido e verde sen notorios aneis de casca: de madeira esponxosa e branda (a madeira de ombú a non ser que estea moi desecada non serve para facer leña nin para tallas de carpintaría), contén grandes cantidades de auga, o que lle permite sobrevivir na contorna de escasas choivas da [[pampa seca]]. Medra axiña, e é inmune a boa parte dos [[insecto]]s que depredan as follas da flora da chaira da Pampa grazas ao seu [[zume (botánica)|zume]] tóxico. O seu nome é unha voz [[Lingua guaraní|guaraní]] que significa sombra ou vulto escuro.<br />
 
== Usos ==
Malia terteren unha madeira de características "herbáceas" o ombú tivo e mantén grandes utilidades para o ser humano na rexión da chaira pampeá: serve de acubillo (especialmente de día como "sombra" para o descanso) ante xornadas moi calorosas ou en temporais e "avenidas" (grandes enchentes de augas); a súa sombra mantén a humidade superficial do chan adxacente e serve de fito ou sinal para situar distancias e territorios na planísima chaira da [[Pampa húmida]].
 
[[Ficheiro:Phytolacca dioica Fruits.jpg|thumb|left|Follas e acios de froitos do ombú.]]
 
[[Ficheiro:Museo Larreta ombú.jpg|thumb|240px|righy|''Phytolacca dioica'' en Bos Aires, Arxentina. Idade estimada: 81 a 95 anos.]]
 
== Árbores senelleiras en Galiza ==
Dous exemplares desta especie figuran na lista de [[árbores senlleiras de Galicia]], elaborada pola Xunta de Galicia:
* Ombú do Centro Cultural de Santa Cruz, en [[Oleiros]] (A Coruña).
* Ombú do [[Pazo de Ortigueira]], en [[Vedra]] (A Coruña).
 
== Bonsai ==
21.448

edicións