Loureiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 69:
 
[[Eladio Rodríguez González|Eladio Rodríguez]] no seu ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano'' dicía a mediados do [[século XX]] que o loureiro aparecía en moitos puntos de Galiza, en pés illados ou formando pequenos arboredos; medra en sebes e hortas e florea pola primavera. Dicía que nas aldeas cren que o loureiro despide efluvios que adozan o ambiente e que ten virtudes protectoras; e así aparece plantado preto de moitas casas campesiñas; e por iso penduran as súas pólas nas cortes, para preservar o gado de desgrazas: e por iso tamén constitúe o anuncio de obriga de tendas e tabernas aldeás, sen dúbida para favorecer ese medio de vida; e polo xera é costume queimar poliñas de loureiro que se benzoara na igrexa o domingo de ramos, supondo que con iso afástase o trono, a treboada e o raio ou chispa. Tense ademais coma purificador; e cando se sospeitar que algunhas cousa entrou na casa, afúmase con loureiro. Como símbolo quizais de triunfo, todos os construtores de vivendas en Galiza colocaban no máis alto das paredes da nova casa varias pólas de loureiro cando rematan de levantar os muros; e disque esta vella práctica encloba tamén o desexo de protección e ventura para o novo lar.As supersticiosas vitudes atribuídas ao loureiro en Galiza, xa foran condenadas no [[segundo Concilio de Braga|segundo Concilio bracarense]], que prohibiu "arrodear as casas con loureiros"<ref>[[Eladio Rodríguez González]] no seu ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano''</ref>.
 
O loureiro converteuse no símbolo dos [[furancho]]s.
 
=== Cantigueiro ===
* ''A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros.'' <ref>[[A Atalaia, Asados, Rianxo|A Atalaia]] é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).</ref>.
* ''Arrimeime a ti, loureiro,/ coidando que eras calado./ Loureiro, lengoareteiro,/ lévalo lengoaretado''.
 
== Taxonomía ==