Elemento regulador en cis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 2:
 
==Elementos cis e trans==
Un exemplo de secuencia regulatoria que actúa en cis é o operador do [[operón lac]]. A esta secuencia de ADN únese o [[represor lac]], o cal impide a [[transcrición xenética|transcrición]] dos xenes adxacentes na mesma molécula de ADN. O operador lac considérase que actúa en cis na regulación dos xenes próximos. O propio operador non codifica unha [[proteína]] ou ARN, senón que só é un sitio de unión de moléculas.
Algúns xenes exprésanse coordinadamente durante un mesmo momento do desenvolvemento porque teñen módulos de secuencia comúns, que son elementos de resposta que actúan en cis.
 
Polo contrario, un [[elemento regulador en trans]] ou elemento trans regulador é un xene que produce un factor difusible, normalmente unha proteína, que pode modificar a expresión de xenes afastados do xene do que foi transcrito. Ese [[factor que actúa en trans]] pode ser, por exemplo, un [[factor de transcrición]] que regula un xene no [[cromosoma 6]] pero que se transcribiu a partir dun xene situado no [[cromosoma 11]]. O termo ten a palabra latina ''trans'', que significa "ao outro lado de".
 
Hai, pois, elementos cis reguladores e trans reguladores. Os elementos cis reguladores con frecuencia son sitios de unión para un ou máis [[factor que actúa en trans|factores que actúan en trans]].
 
En resumo, os elementos reguladores en cis están presentes na mesma molécula de ADN que o xene ao cal regulan, mentres que os elementos reguladores en trans poden regular xenes moi afastados do xene do cal se transcribiron.