Amplificador xenético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 48:
Unha área de investigación en [[bioloxía do desenvolvemento evolutiva]] (“evo-devo”) é o papel dos amplificadores e outros elementos regulaorios en cis na prodción de cambios morfolóxicos por medio de diferenzas de desenvolvemento entre especies.
 
===''Pitx1'' espiñosoespiñento===
 
Traballos recentes estudaron o papel de amplificadores nos cambios morfolóxicos no peixe espiñento ''[[Gasterosteus aculeatus]]''. Os peixes espiñentos viven en ambientes mariños e de auga doce, pero os peixes espiñentos en moitas poboacións de auga doce perderon completamente as súas aletas pélvicas (apéndices que son homólogos das patas posteriores dos [[tetrápodo]]s). ''[[Pitx1]]'' é un xene [[homeobox]] implicado no desenvolvemento das patas posteriores dos vertebrados. As análises xenéticas preliminares indican que os cambios na expresión deste xene eran responsables da redución pélvica no peixe [[espiñento]]. Os peixes que expresan só o [[alelo]] de auga doce do xene ''Pitx1'' non teñen espiñas pélvicas, mentres que a expresión dun alelo mariño mantén as espiñas pélvicas. Unha caracterización máis completa mostrou que unha secuencia amplificadora situada a 500 pares de bases é a responsable de activar a expresión de ''Pitx1'' na xema embrionaria que formará a aleta posterior. Este amplificador está localizado preto do [[sitio fráxil cromosómico]] (unha [[secuencia de ADN]] que probablemente será roto e mutado como resultado dunha [[reparación do ADN]] imprecisa). O sitio fráxil causou perdas independentes repetidas de amplificadores responsables de dirixir a expresión de ''Pitx1'' para a formación das espiñas pélvicas na poboación de auga doce illada, e sen este amplificador, os peixes de auga doce non poden formar as espiñas pélvicas.<ref>{{cite journal |doi=10.1126/science.1182213 |title=Adaptive Evolution of Pelvic Reduction in Sticklebacks by Recurrent Deletion of a Pitx1 Enhancer |year=2009 |last1=Chan |first1=Y. F. |last2=Marks |first2=M. E. |last3=Jones |first3=F. C. |last4=Villarreal |first4=G. |last5=Shapiro |first5=M. D. |last6=Brady |first6=S. D. |last7=Southwick |first7=A. M. |last8=Absher |first8=D. M. |last9=Grimwood |first9=J. |journal=Science |volume=327 |issue=5963 |pages=302–305 |pmid=20007865 |pmc=3109066}}</ref>