Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 64:

Esta segunda canle actualmente emite de luns a venres bloques infantís de 13.45 a 15.30 e de 18.00 a 20.30 e o resto das horas reemite a programación de Galicia TV América; as fins de semana están exclusivamente dedicadas ó deporte. O director da CRTVG na época de aparición da G2, Benigno Sánchez, tiña previsto que a canle emitira de luns a venres de 07.00 a 00.45 programación de divulgación, cultural, deportiva, documentais, cine e programación infantil e xuvenil; para as fins de semana centrarse no deporte, con especial atención ó minoritario e ó de base, e na cultura. Na década do 2000, anunciárase a creación dunha canle de noticias para o 2010 e dunha cuarta canle posterior sen confirmar a temática. Finalmente, ningunha destas dúas canles viu a luz.

===Servizos informativos da Televisión de Galicia===

Os servizos informativos da TVG son os máis valorados polos galegos en termos de audiencia, as edicións do Telexornal e do Galicia Noticias son dos informativos máis vistos de España cunha audiencia media dun 30%. A TVG ten varios espazos informativos:

-Bos Días: 8:00-10:30

-A Revista: 12:00-13:30

-Galicia Noticias Mediodía: 13:50-14:15

-Telexornal Mediodía: 14:25-15:25

-Informativos Provinciais: 20:20-20:30

-Galicia Noticias Serán: 20:30-20:55

-Telexornal Serán: 20:57-21:45

-Foro Aberto (de luns a xoves na tvG2): 22:45-0:00

Fins de semana

-Bos Días: 8:00-10:30

-Telexornal Mediodía: 14:25-15:25

-A Revista: 12:00-13:30

-Telexornal Serán: 20:57-21:45

Os espacios informativos da TVG son a referencia no canto á información en Galicia, con boas valoracións pola cobertura de novas como o Desastre do Prestige ou o descarrilamento do Alvia en Angrois.
A TVG conta con delegacións en todas as provincias galegas e en Madrid con 3 xornalistas.

==Clasificación dos programas máis vistos por tempada==