Diferenzas entre revisións de «Sociedade Civil e Democracia»

sen resumo de edición
Tamén avoga polo recoñecemento como sistema lexislativo a [[iniciativa lexislativa popular]], e o uso de ferramentas dixitais que faciliten a participación política dos cidadáns. O seu programa tamén propón unha nova [[lei electoral]] e a supresión do financiamento por parte do Estado de [[partido político|partidos políticos]], [[sindicato]]s, [[Patronal|organizacións empresariais]] e [[fundación]]s dependentes dos anteriores, sometendo as súas contas a auditoría do [[Tribunal de Contas (España)|Tribunal de Contas]]. Igualmente se eliminarían as subvencións a [[medios de comunicación]] e [[Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos|televisións autonómicas]], de cara a garantir a súa independencia.
 
SCD propón ademais a eliminación do [[Tribunal Constitucional de España|Tribunal Constitucional]] e o traspaso das súas competencias a unha Sala de Garantías e a outra de Conflitos do [[Tribunal Supremo de España|Tribunal Supremo]], para evitar a súa politización. O [[Senado de España|Senado]] tamén sería suprimido, pasando a un sistema unicameral, así como os [[Entidade pública empresarial|entes públicos]] inútiles ou excesivos. As persoas propostas para dirixir órganos e institucións estatais deberán compadecercomparecer ante o Congreso para demostrar a súa idoneidade, profesionalidade e independencia.
 
Respecto á [[Político|clase política]], propón a creación dun estatuto de cargos públicos, para acabar con tratamentos privilexiados e limitar cargos; así como a instauración de responsabilidade penal ou civil na xestión irregular ou irresponsable de recursos públicos. Así mesmo, establecerase unha transparencia informativa total para que os cidadáns poidan acceder aos gastos e ingresos das Administracións.
Usuario anónimo