Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Características: *además>ademais
Liña 21:
Como en todos os cestodos, a forma adulta é un verme segmentado que nace do escólex ou "cabeza", fixada nesta especie por 4 poderosas ventosas, xa que, a diferenza de ''[[Taenia solium|T. solium]]'', a otra especie de solitaria, non posúe ganchos no seu rostelo, polo que se di que é inerme.
[[Ficheiro:Cysticercus bovis.jpg‎|250px|Escólex de Cysticercus bovis (=inermis), nótese a ausencia de ganchos no rostelo.|esquerda|miniatura]]
Ao escólex segue a porción xerminal ou colo, a partir da cal se desenvolve o estróbilo ou cadea de segmentos, chamados proglótides, que forman o corpo do animal. A medida que estes proglótides se afastan do escólex desenvólvense en cada un deles aparatos xenitais masculinos e femininos, xa que son [[hermafrodita]]s. As proglótides maduras teñen un [[útero]] (non ramificado, pero ramifícase no útero grávido), [[ovario]], un poro [[xenital]], [[testículo]]s, e unha glándula vitelina. Trala autofecundación, o aparato xenital masculino atrófiase e prodúcense os ovos ou embrióforos dentro do útero, que pasa a ocupar practicamente todo o interior dos proglótides, os cales se desprenden do estróbilo en pequenas cadeas e saen ao exterior xunto coas feces do [[hóspede]] ou a través da súa propia acción motriz (poden moverse unha vez desprendidos), o que lles permite atravesar o esfínter anal, característica que non ten ''T. solium'', que ademásademais é máis curta e delgada. Desta maneira, os segmentos da tenia poden verse frecuentemente nas feces ou adheridos á roupa interior.
 
O estóbilo de ''T. saginata'' é o maior do xénero ''[[Taenia]]'' en número de segmentos, e consta de 1000 a 2000 proglótides e ten cor branquecha. Pode vivir 25 anos no intestino do hóspede.<ref name="Bog">Bogitsh BJ, Carter CE (2005). ''Human Parasitology, 3rd Edition''. Academic Press, pp. 273-277. ISBN 0-12-088468-2</ref> Como os outros cestodos carece de [[aparato dixestivo]], boca ou ano. <ref name="schmidt">Roberts L, Janovy JrJ, Schmidt GD (2005). ''Foundations of Parasitology (8th edn).'' McGraw-Hill Companies, Inc., New York. ISBN 0-07-128458-3</ref>