Abrir o menú principal

Cambios

Desfíxose a edición 3058388 de Angeldomcer (conversa)
Ata comezos do XIX non se ten constancia dunha ocupación permanente. Eran bahameños buscadores de tesouros nos naufraxios da zona, sen título de propiedade. Pero venderán a Richard Fitzpatrick terras que o converteron no primeiro poboador branco do lugar.
 
En [[1836]] o exército americano levanta alí, na súa propiedade (beira norte do río, na desembocadura) un cuartel que chaman Fort Dallas, coma parte da defensa nas [[Guerras Semínolas]]. En 1842, tralo fin da segunda guerra, o sobriño e herdeiro de Fitzpatrick, William English, utiliza os restos do cuartel coma base para o establecemento dunhaduhna pequena aldea que chama '''[[Miami]]'''. Xa en 1844 é sede do condado contando para o censo de 1850 con 96 habitantes. A terceira Guerra Semínola (1855-8) e a posterior [[Guerra de Secesión]] impedirán o seu crecemento [http://www.rsmas.miami.edu/info/history/RSMAS-gallery/mm-heritage/pages/Miami-Fort-Dallas.html].
 
Será en [[1871]] cando chegarán coma colonos dende [[Cleveland]], primeiro William Brickell (o "Pai de Miami") quen merca terras ao sur do río fronte aos restos de Fort Dallas, establecendo unha oficina de correos e un posto comercial; e no 1891 Xulia Tuttle (a "Nai de Miami"), quen herda as terras do norte do río, as do forte. Entrambos, tras unha terrible xeada (1895) que arrasa toda a colleita de cítricos do norte de [[Florida]], van convencer, curiosamente a outro home de Cleveland, Henry M. Flagler, propietario do Florida East Coast Railroad, para que achegue o ferrocarril ata as suas plantacións.
Un feito importante produciuse nos sesenta: 200.000 refuxiados da [[Cuba]] castrista fan de Miami o seu fogar de acollida. Dende entón, a cidade comezou a se converter na cidade hispana dos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], cosmopolita e multicultural. A importante colonia cubana concéntrase en [[Little Havana]], barrio ao oeste do centro.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{ORDENAR:Miami,Historia urbana de}}
19.686

edicións