Reconquista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
lig int
Liña 62:
Despois de que os [[francos]] venceran ós musulmáns, a necesidade de defender os pasos ou portos dos [[Pireneos]] convertéranse nunha situación importante da política de [[Carlomagno]]. Construíronse fortificacións e deuse protección ós habitantes das antigas cidades romanas como por exemplo [[Jaca]] e [[Girona]]. Os pasos principais eran Orreaga/Roncesvalles, Somport e Junquera. Carlomagno poboou os condados de [[Pamplona]], [[Aragón]] e [[Barcelona]].
 
O asentamento da poboación cristiá na [[conca do [[rio Douro]] vaisetivo realizarlugar en dúas fases. Ó norte do río, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século X|X]], vaise empregar o sistema da ''presa''. Ó sur do Douro, durante os séculos X e [[século XI|XI]] van desenvolverse cidades mediante a doazón de foros, os cales estenderíanse despois cara a outras rexións, e fundamentalmente coa formación de mercados. Os foros eran estatutos que establecían os privilexios e a forma de rexer a unha comunidade, outorgados normalmente polo monarca, aínda que non só por el, á xente que poboaba un pobo. Como resultado, o consello do pobo era dependente do seu señor, converténdose así os foros no sistema máis empregado para poboar Navarra e máis tarde Aragón. O primeiro foro vai ser entregado ó conde [[Ferrán González]] de [[Castrojeriz]] durante a década de [[940]].
 
Nunha primeira vaga de colonización, a refírese a un grupo de campesiños que cruzaban as montañas e se asentaban nas terras despoboadas da conca do Douro para practica-la [[agricultura]]. A monarquía asturiana promovía este sistema de outorgar ao campesiñado toda a terra que puidera traballar e defender como propiedade del. Máis adiante tamén os grandes señores asturianos e galegos, así como tamén o clero, e sobre todo os mosteiros [[beneditinos]] enviarían as súas propias expedicións con campesiños aos que dominaban mediante relacións feudais, o que creará toda unha rede na fronteira. Co tempo so primeiros campesiños libres irán desaparecendo e tódolos campesiños devirán en vasalos feudais.