Accidente de Angrois: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m reorganizo e traio unha referencia de en.wp
Nemigo (conversa | contribucións)
Liña 8:
 
O descarrilamento tivo lugar ás 20:41 do serán (hora local, [[CEST]])<ref name="renfe">{{cita web |url=http://web02.renfe.es/u13/MTR/UltimaHora.nsf/Leer%20Noticia%203A?OpenAgent&id=AB214A240CF193ADC1257BB20075CCB6 |título=Descarrilo del tren Alvia Madrid-Ferrol |editor=[[RENFE]] |dataacceso=24 de xullo de 2013 |lingua=castelán}}</ref> e afectou un tren [[Alvia]] serie 730 (con número de tren 04155) que facía o servizo de [[Renfe Operadora]] unindo as cidades de [[Madrid]] e [[Ferrol]]. O Alvia 730 é un tren híbrido [[electricidade|eléctrico]] e [[motor diésel|diésel]]. No tren viaxaban 218 pasaxeiros e 4 tripulantes<ref>{{cita novas|título=Trágico accidente ferroviario en Santiago de Compostela|url=http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/24/galicia/1374693125_734192.html|dataacceso=25 de xullo de 2013|obra=[[El País]]|data=24 de xullo de 2013|autor=David Reinero|autor2=Sonia Vizoso|lingua=castelán}}</ref>. O tren circulaba con tres minutos de retraso sobre o horario previsto.
 
 
 
===Liña de AVE Ourense-Santiago de Compostela-A Coruña===
A vía foi construída con ancho ibérico para ser empregada no transporte de viaxeiros e mercadorías. Foi inaugurada en decembro de 2011 e ten unha lonxitude de 148,8&nbsp;km. Custou 3.300 millóns de euros<ref>{{cita novas|apelidos=Taboada|nome=Pablo|título=Blanco y Feijóo aparcan sus diferencias en la apertura del AVE gallego|url=http://elpais.com/diario/2011/12/11/espana/1323558012_850215.html|dataacceso=28 de xullo de 2013|obra=El País|data=11 de decembro de 2011|lingua=castelán}}</ref>. A velocidade máxima nesta liña para os trens Alvia e Avant é de 220 quilómetros por hora, aínda que na vía podería chegarse aos 300&nbsp;km/h xa que está equipada con [[ERTMS]]<ref>{{cita novas|apelidos=González|nome=Pablo|título=Accidente en Santiago: Golpe nunha rede en transición|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/07/27/golpe-red-transicion/0003_201307G27P7991.htm?idioma=galego|dataacceso=28 de xullo de 2013|obra=La Voz de Galicia|data=27 de xullo de 2013}}</ref> aínda que non se emprega<ref>{{cita novas|apelidos=Ruiz del Árbol|nome=Antonio|título=O sistema de seguridade Ertms entre Ourense e Santiago custou 164 millóns e non se utiliza|url=http://praza.com/politica/5132/o-sistema-de-seguridade-ertms-entre-ourense-e-santiago-custou-164-millons-e-non-se-utiliza|dataacceso=30 de xullo de 2013|obra=[[Praza Pública]]|data=29 de xullo de 2013}}</ref>. O tren Talgo híbrido da serie 730 empregábase como transición ao AVE xa que permitía operar na parte do traxecto Madrid-Ferrol en ancho de vía internacional e o ibérico xa fose electrificado ou con tracción diésel para chegar á estación de Ferrol. Os trens da serie 730 comezaron a operar en Galiza o 17 de xuño de 2012 no traxecto Madrid-Galiza.
 
O 5 de xullo de 2012 un tren Talgo da serie 730 (a mesma que o accidentado en Angrois) sufríu unha avaría en Zamora cando levaba a 501 viaxeiros que ían cara a Galiza. Entón Talgo calificou o acontecido como: «''son enfermedades de infancia'' (do tren)» e comprometeuse a asumir «''las indemnizaciones que correspondan''»<ref>[http://www.laopiniondezamora.es/zamora/2012/07/07/talgo-asume-responsabilidad-averia-tren-galicia-zamora/611848.html Talgo asume «toda la responsabilidad» de la avería del tren a Galicia en Zamora. laopiniondezamora.es ]</ref>. Talgo tamén declarou que tiña aos seus mellores enxeñeiros traballando a «full time» para tentar atopar a orixe dos fallos que estaban a provocar continuos retrasos nos trens entre Galiza e Madrid. Segundo Talgo o S-730 é «''un buen tren, que pasado el tiempo, y una vez esté todo ajustado se va a demostrar que funcionará de maravilla''».
 
===Disposición do tren===