Bruxelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Fusióndesde|Historia de Bruxelas}}
Angeldomcer (conversa | contribucións)
traio de Historia de Bruxelas, para fusionar
Liña 40:
|}
[[Ficheiro:Luc_Viatour_Hotel_de_ville_Bruxelles_1.JPG|miniatura|esquerda|200px|Concello de Bruxelas]]
 
==Historia==
'''[[Bruxelas]]''' celebrou o seu milenario en [[1979]], a historiografía tradicional data a fundación de Bruxelas en [[979]] pero ningún escrito ou fonte arqueolóxica permitiu corroborar esa data. Atópanse nela os edificios sede das principais institucións da [[Unión Europea]].
[[Ficheiro:Brussel grote markt 360.jpg|miniatura|1000 px|centro|Panorámico da ''Grand Place'' de Bruxelas, patrimonio mundial catalogado pola [[UNESCO]].]]
Aínda que o primeiro poboamento do val semella datar da época merovinxia ([[século VII]], Bruocsella, "morada no pantano"), coa presenza dalgúns pequenos oratorios ou capelas, é no [[século X]] cando os duques de [[Ducado de Brabante|Brabante]] constrúen un ''castrum'' fortificado nunha das illas do cativo [[río Senne]] xunto a unha daquelas, a de St. Gery <ref>[http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Phan/castrum.htm]</ref>.
 
Por outra banda, o leste do río, os pes do outeiro do Treurenberg, xunto a outra, a da patroa local Santa Gúdula, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a [[Renania|rexión renana]] con [[Flandres]].
Entrambos los dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a ''Grand Place''.
 
É no [[século XI]] candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen noutro outeiro ao sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Este triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde se construirá a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será a armazón básica e nodal da futura cidade <ref>[http://www.brunette.brucity.be/lepage/eaufinal/LEPAGE2000/Benabdelmoumen/lasennefleche.html]</ref>.
 
[[Bruxelas]] vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de [[Europa]] no [[século XIV]], desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros ([[1379]]). É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de [[Rogier van der Weyden]], escultura fonte do Manneken-Pis, [[Rubens]] máis tarde) <ref>([http://www.ilotsacre.be/images/CBLodovicoGuicciardini1581.jpg]Bruxelas no 1581)</ref>.
 
A finais do [[século XVII]], a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a Grand Place <ref>[http://www.ilotsacre.be/images/Grand_Place.JPG]</ref>.
Lamentablemente, nun incendio en [[1731]] pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal <ref>[http://www.srab.be/palaisroyal.htm]</ref>. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.
 
A decadencia continuou con Bruxelas coma un centro menor (capital da recentemente creada [[Bélxica]] en [[1830]])
<ref>[http://www.village-atlas.com/benelux/brussels1840.html]</ref>, e só as obras de [[Victor Horta]] pertencentes ao ''[[Art Nouveau|art nouveau]]'' coma feito arquitectónico destacable no final do XIX, ata que, trala segunda guerra mundial celebra a Feira Mundial de 1958 (co famoso Atomium) e convértese nunha sede de organismos internacionais, especialmente os da [[Comisión Europea]] co que pasa a ser a capital ''de facto'' da [[Unión Europea]]. Os edificios administrativos da mesma concéntranse no Quartier Leopold, ao leste do Palacio Real <ref>[http://etopia.sintlucas.be/historical_maps_bxl/Map7%20(Military%20Geogr.Institute)%201969.JPG]</ref>.
 
== Bruxelas na actualidade ==