Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 16:
Así mesmo é de Celma o busto do papa [[Clemente I, papa|San Clemente]], tamén en bronce, que a Catedral expón na capela das Reliquias.
 
Entre as obras de Celma noutras localidades galegas cómpre citar as reixas da [[Catedral de Ourense]] forxadas en 1589 (fixo as da capela maior, do coro e das capelas do Rosario, da Virxe das Neves e do Santo Cristo, ademais das do coro) e os púlpitos desta mesma catedral (1589), que fixo por encargo do arcebispo [[Juan de Sanclemente|Sanclemente]] como regalo á súa antiga diocese. Son semellantes ós de Compostela pero máis sinxelos e construídos en ferro. Como escultor en madeira tallou diversos retablos, dos que só se conserva o da igrexa de [[Santa Cruz de Ribadulla, Vedra|Santa Cruz de Ribadulla]] (Vedra) (1576) así como un Cristo da igrexa do [[Colexio de Fonseca]], hoxe no Museo da catedral. Tamén pintou o retablo maior do Santuario da Virxe dos Remedios de [[Vilamaior do Val, Verín|Vilamaior do Val]] (en Verín).
 
Fóra de Galicia, temos o retablo de Santo Estevo de Orón, en [[Miranda de Ebro]] ([[Burgos]]), ou as reixas do coro da catedral de [[Plasencia]], en [[Cáceres]].
 
==Púlpitos da Catedral==