Fillo de nai inglesa e pai español, pasou a súa xuventude entre [[París]] e [[LaA Habana]] iniciándose no [[xornalismo]]. Transladouse a [[Madrid]] en 1897, iniciando unha importante colaboración con diversos xornais e revistas, como ''[[Germinal]]'', ''[[El Pais]]'', ''[[Vida Nueva]]'', ''[[La España Moderna]]'' ou ''[[El Socialista]]'', iniciando tamén amizade con varios intelectuais como [[Azorín]] ou [[Pío Baroja]]. Xunto a eles formou o chamado [[grupo dos tres]], sendo autor destacado da [[xeración do 98]].