Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 1:
{{en uso}}
'''Juan Bautista Celma''', nado en [[Aragón]] cara o ano [[1540]] e finado en [[1608]], foi un pintospintor, escultor e forxador que traballou en [[Galicia]] desde [[1564]] ata a súa morte. Trátase dunha figura fundamental na arte do [[Renacemento]] en Galicia.
 
==Traxectoria==
Nese ano de 1564 foi chamado polo cabido da [[Catedral de Santiago de Compostela]] para esculpir os dous [[púlpito]]s que hoxe se ven a ámbolos lados dado navealtar principalmaior. Tras uns anos en [[Oviedo]] regresou a Galicia en [[1568]] para establecerse definitivamente en [[Santiago de Compostela|Santiago]] (aínda que foi traballar ocasionalmente a outras cidades españolas).
 
Na Catedral, unha das súas primeiras actuacións foi unha serie de táboas, pintadas polas dúas caras, que pechaban os espazos entre as columnas do [[deambulatorio]]. Hoxe só se conserva un fragmento dunha delas no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Museo da Catedral]].
 
Tamén son obra súa os sepulcros de Xoán Martínez Ternero (1581) e de Mencía de Andrade (1582), conservados nas capelas da Catedral de Santo André e da Azucena.
 
Comezou a esculpir os púlpitos da Catedral cara [[1580]] e se dan por rematados en [[1586]]. Nos dous casos o pé está formado por tres torsos humanos soldados, coas pernas substituídas por follas de [[acanto]]. Coas cabezas sosteñen un capitel e, sobre este, as bases dos púlpitos, decoradas con seis [[harpía]]s, no caso do púlpito do lado do Evanxeo, e seis [[tritón (mitoloxía)|tritóns], no do lado da Epístola.