Unión de Kalmar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
m Grenlandia -> Groenlandia (DiRAG: groenlandés, groenlandesa. De Groenlandia ou dos seus habitantes. Persoa natural ou habitante de Groenlandia)
Liña 34:
Os reinos [[escandinavia|escandinavos]] tentaron en diversas ocasións, ao longo do século XIV, chegar á unidade política mediante enlaces matrimoniais. A primeira '''Unión''' logrouse en [[1319]] entre noregueses e suecos. Máis tarde os tres reinos formarían parte da '''Unión''' coa unión entre Margarida de Dinamarca e Haakon de Noruega e Suecia.
 
Deste xeito, orixinouse un grande reino nórdico que englobaba non só os actuais reinos que o formaban, senón tamén os seus territorios dependentes, como [[GrenlandiaGroenlandia]], [[Islandia]] e as Illas [[Feroe]] (dependentes de Noruega), e [[Finlandia]] (pertencente a Suecia).
 
Porén, o reino nórdico non chegou a consolidarse, por mor do receo da aristocracia sueca cara a Dinamarca, que exercía de potencia dominante dentro da Unión. Tras varias revoltas dos suecos (en [[1444]]-[[1446]], en [[1464]] e a definitiva revolta de [[1521]]), a Unión disolveuse en [[1523]], coa elección de [[Gustavo I de Suecia|Gustavo Vasa]] como rei de Suecia. Dinamarca e Noruega, pola súa parte, permaneceron unidas até [[1814]].