sen resumo de edición
Sen resumo de edición |
|||
{{entradución}}
[[Ficheiro:Taenia solium tapeworm scolex with its four suckers and two rows of hooks 5262 lores.jpg|right|200px|miniatura|Escólex dunha ''[[Taenia solium]]'' con catro ventosas e rostelo con ganchos.]]
O '''escólex''' é a porción cefálica dos vermes [[parasito]]s adultos [[platihelminto]]s da clase [[cestoda]], que o utilizan como órgano de fixación á parede intestinal dos seus [[hóspede]]s. No escólex hai ventosas ou ganchos ou ambas as cousas, dependendo da especie
== Características ==
Algúns cestodos (Tetrafilídeos, Tripanorrincos, Pseudofilídeos) no escólex en vez de ventosas (ou xunto con elas) teñen uns sucos adhesivos chamados botrios ou uns lóbulos adhesivos (botridios) en posición lateral ou termnal. Outros (''Tentacuaria'') teñen trompas evaxinables espiñosas contidas nunha vaíña, e outros ventosas apicais ou órganos glandulares (Protocefaloideos).<ref>P. A. Meglitsch. Zoología de Invertebrados. 2ª ed. Pirámide. Páxina 214. ISBN 84-368-0316-7.</ref>
En xeral, o tamaño do escólex común é de 2 [[milímetro|mm]] a pesar de que o [[parásito]] mida varios [[metro]]s, e ademais o escólex e o colo son máis estreitos que o resto do corpo.<ref>Universidad Central de Venezuela - Facultad de Medicina. [http://www.med.ucv.ve/ftproot/PUB/Vargas/Generalidades%20de%20Cestodes%20y%20Teniosis.pdf]</ref> Seguido do escólex continúa o [[colo]] do animal, máis curto e delgado que o resto do corpo, e o punto onde comeza o crecemento do resto do corpo ou estróbilo. Nas formas larvarias, o escólex adoita estar invaxinado e emerxe durante o desenvolvemento do animal no hóspede.
== Uso en diagnóstico ==
|