Poríferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 71 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q18960
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 115:
En canto á filoxenia do filo, nun principio, unha característica diagnóstica dos poríferos era a presenza de espículas. Por iso, certos grupos fósiles con organización de esponxa actual foron colocados fóra do filo Porifera. En particular, grupos con esqueleto calcário sólido como [[Arqueociatos]], [[Caetétidos]], [[Esfinctozoos]], [[Estromatoporoides]] e [[Receptacúlidos]] son problemáticos. O descubrimento dunhas quince especies vivintes con esqueleto calcário sólido, ten axudado moito a comprender a filoxenia dos poríferos. Estas especies posúen formas diversas e deberían clasificarse cos Caetétidos, Esfinctozoos e Estromatoporoides se se atoparan como fósiles. Non obstante, co estudio do material vivo, as características histolóxicas, citolóxicas e larvarias amosan claramente que esas quince especies poden situarse entre as esponxas [[Calcispongiae]] ou entre as [[Demosponxas]]. Polo tanto, as formas fósiles correspondentes, moi abundantes, tamén encaixarían nunha destas dúas clases.
 
Está amplamente aceptado entre os especialistas que as Calcárias e as Demosponxas están máis estreitamente relacionadas entre si que coas Hexactinélidas. Co descubrimento das quince formas vivintes antes mencionadas, foi creada una cuarta clase, as Esclerosponxas. Non obstante, trátase dun grupo [[polifilético]] que debería ser abandonado, segundo Chombard, ''et al''. Os Arqueociatos representan un caso especial. Non existen representantes vivos, aínda que a súa organización pode referirse á das actuais esponxas. A análise filoxenética realizada por Reitner & Mehl colócaos como [[grupo irmán]] das Demosponxas. Polo tanto, os Arqueociatos perderían a súa categoría de filo e pasarían a ser una clase dentro das esponxas.
 
== Véxase tamén ==