Gorilla gorilla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
creo a partir da en.wiki
 
engado info tirada da en.wiki
Liña 19:
| range_map_caption = Área de distribución do gorila do occidente.
}}
O '''gorila do occidente''' (''Gorilla gorilla'') é unha das dúas [[especie]]s do [[xénero (bioloxía)|xénero]] ''[[Gorilla]]''. Á súa vez, o gorila do occidente está dividido en dúas [[subespecie]]s: o [[gorila oriental das chairas]] (''G. b. gorilla'') e o [[gorila do río Cross]] (''G. b. diehli''). Case a totalidade dos gorilas do occidente pertencen á subespecie do gorila oriental das chairas, cunha poboación entre 95.000 e 100.000 individuos. Estímase que só quedan de 250 a 300 gorilas do río Cross.
 
== Descrición ==
En comparanza co [[gorila do oriente]], o gorila do occidente e sensibelmente máis pequeno, pesa menos, ten unha figura máis estilizada e a súa pelaxe é máis clara. O gorila occidental das chairas caracterízase pola coloración da súa pelaxe, que pode ir dende o [[marrón]] até o gris, e a [[fronte (anatomía)|fronte]] [[laranxa (cor)|alaranxada]]. Os machos miden entre 160 e 170 cm de altura e pesan arredor dos 140 kg.<ref>Williamson, E.A. and Butynski, T.M. (2009) Gorilla Gorilla In: Butynski, T.M. (Ed) The Mammals of Africa Volume 6. Elsevier Press, In Press</ref><ref name="Burnie">Burnie D and Wilson DE (Eds.), ''Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife''. DK Adult (2005), ISBN 0789477645</ref> As femias son máis pequenas e miden entre 120 e 140 cm de alto e o seu peso oscila entre os 60 e 80 kg. Os gorilas do occidente meirandes poden chegar ós 200 kg nos machos e ós 98 kg nas femias.<ref name="Burnie"/><ref>[http://pin.primate.wisc.edu/factsheets/entry/gorilla]</ref> O [[gorila do río Cross]] diferénciase no maior tamaño da súa caveira e dos seus dentes. Tamén é uns 10-15 cm máis alto e 20-35 kg máis pesado. Perante isto, segue a ser máis pequeno e lixeiro que o [[gorila de montaña]] e o [[gorila oriental das chairas]], que están consideradas as subespecies de maior tamaño.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Gorilla Male perspective 5.jpg|Caveira dun macho adulto.
Ficheiro:Western Lowland Gorilla Feb09 02.jpg|Macho de gorila occidental.
Ficheiro:Gorilla gorilla at the Bronx Zoo 008.jpg|Femia coa súa cría.
</gallery>
 
== Notas ==