Édouard-Léon Scott de Martinville: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 17 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q273869
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
== Biografía ==
Édouard-Léon Scott de Martinville, ao ser impresor por oficio, puido ler as descricións dos máis recentes avances científicos e así se fixo inventor. Scott de Martinville interesouse en gravar a conversación humana nunha forma similar a aquela que se lograra por medio da [[fotografía]] para a luz e imaxe. Inicialmente interesouse por unha nova forma de [[estenografía]] e foi autor de varios artigos sobre taquigrafía ademais de escribir un libro sobre a historia do tema en 1849. Ademais estudou a relación entre a lingüística, os nomes de persoas e as súas personalidades e publicou un artigo sobre o tema en 1857. Buscou desenvolver un método de [[estenografía]] que puidese gravar unha conversación completa sen ningunha omisión, e para isto, a partir de 1854, interesouse nos medio mecánicos para transcribir sons vocais. Mentres corrixía uns gravados para un texto de física encontrouse cuns debuxos de anatomía auditiva. Procurou imitar o funcionamento nun aparato mecánico, substituíndo o [[tímpano (oído)|tímpano]] por unha membrana elástica, os osículos ([[Cadea de ósiños]]) por unha serie de pancas, que movía un [[estilete]] que premía nunha superficie de papel, madeira ou vidro cuberto por [[negro de fume]]. O 26 de xaneiro de 1857 entregou o seu deseño nun sobre selado á Academia Francesa.<ref name="Hankins">{{cita libro |apelidos=Hankins |nome=Thomas L. |coautores=Robert J. Silverman |título=Instruments and the Imagination | url = http://books.google.co.uk/books?id=O9e_7E22caAC&pg=PA263&lpg=PA263&dq=%22%C3%A9douard+l%C3%A9on%22+scott+de+martinville&source=web&ots=q2EaTVN2y2&sig=4xikiGBQZCMUFimgIGcp3SVstU8&hl=en#PPA131,M1 |ano=1995 |editor=Princeton University Press |id= ISBN 0691005494 |páxinas=133 a 135 }}</ref> O 25 de marzo de 1857 recibiu a patente francesa #17,897/31,470 polo fonoautógrafo.
 
Scott de Martinville formou unha sociedade cun fabricante de instrumentos musicais para fabricar os fonoautógrafos e logrou vender varios aparatos a laboratorios científicos que os usaron para a investigación do son. O aparato resultou útil para o estudo dos sons vocais e foi usado por [[Franciscus Donders]], [[Heinrich Schneebeli]] e [[Rene Marage]]. Ademais, o fonoautógrafo provocou o desenvolvemento doutras ferramentas para visualizar o son como o [[aparato de chama manométrica]] de [[Karl Rudolph Koenig]].<ref name="Hankins" /> Non obstante, non logrou sacar proveito económico do seu invento e pasou o resto da súa vida como libreiro na Rue Vivienne 9 en París.