Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
Liña 1:
Tras a proclamación da República en [[España]] o [[14 de abril]] de [[1931]] como consecuencia dos resultados favorables aos candidatos republicanos nas eleccións municipais do [[12 de abril]], o goberno provisorio convocou eleccións a Cortes Constituíntes para o [[28 de xuño]] de 1931.<br>
O sistema electoral rexíase polo decreto do 8 de maio de 1931, que establecía un sistema maioritario de listas abertas, a lista maioritaria obtiña o 80% dos escanos por circunscrición e reservábase para as minorías o outro 20%. As circunscricións electorais eran as provincias e as cidades con máis de 100.000 habitantes e tiñan dereito ao voto con homes maiores de 25 anos. O control do proceso estaba en mans das xuntas municipais, que presidía o xuíz municipal e que formaban persoas prominentes do concello, e as xuntas provinciais do censo, que presidía o presidente da Audiencia Territorial ou da Audiencia Provincial.<br>
 
A [[provincia da Coruña]] elixía 16 deputados, a [[provincia de Lugo]] 10 deputados, a [[provincia de Ourense]] 9 deputados e a [[provincia de Pontevedra]] 13 deputados, en total en Galicia elixíanse 47 deputados.<br>
 
Para concorreren ás eleccións os principais partidos republicanos e os de esquerda coaligáronse para obteren os deputados reservados ás maiorías, mentres polo bando da dereita formaban candidaturas de independentes que posteriormente acabarían integrándose na [[CEDA]].
 
==Resultados==
En toda Galicia a ORGA, que concorría baixo as siglas da FRG, resultou a forza vencedora con 14 escanos, o Partido Radical obtivo 11 escanos, o PSOE 8, o Partido Radical-Socialista 2, Derecha Liberal Republicana 2, Galeguistas 2, Acción Republicana 1, independentes de dereita 4 escanos, Rexionalista 1 (Manuel Portela Valladares), Partido Radical Agrario 1 e a Unión Monárquica 1.<br>
 
Nas Cortes a FRG, os galeguistas e algún outro deputado formaron a Minoría Gallega.
 
Liña 13 ⟶ 16:
====Deputados electos pola provincia da Coruña====
*[[Santiago Casares Quiroga]], [[FRG]], 88.470 votos.
*[[Antonio Rodríguez Pérez (xornalista)|Antonio Rodríguez Pérez]], FRG, 75.496 votos.
*[[Ramón Beade Méndez]], [[PSOE]], 69.164 votos.
*[[Salvador de Madariaga Rojo]], FRG, 68.783 votos.