Taenia saginata: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 28:
 
== Ciclo biolóxico ==
[[Ficheiro:Taenia saginata LifeCycle.gif|miniatura|dereita|Ciclo de vida de ''T. saginata''.]]
 
Os ovos, que conteñen a [[oncosfera]], teñen características moi parecidas aos de ''T. solium'', dos cales son practicamente imposibles de diferenciar ao microscopio óptico. Encóntranse nos proglótides que saen coas [[feces]], xeralmente en cadeas de 4 a 5 segmentos. Pode ocurrer a inxestión completa dos mesmos por [[cerdo]]s ou [[can]]s [[coprofagia|coprófagos]] ou ter lugar a súa destrución por putrefacción da envoltura, coa conseguinte liberación dos ovos ao medio ambiente, onde contaminan a [[auga]] e os [[alimento]]s que inxiren os [[hóspede]]s intermediarios, neste caso o gando [[vacún]]. No tracto dixestivo as oncosferas son liberadas por acción dixestiva; unha vez libres atravesan a parede do [[intestino]] e por vía sanguínea ou linfática dispérsanse practicamente por todo o organismo, onde se transforman en [[cisticerco]]s despois duns tres meses. Invaden en especial o [[tecido muscular estriado]], particularmente os músculos [[maséter]], [[miocardio|corazón]], [[lingua (anatomía)|lingua]], [[costas]], [[Diafragma (anatomía)|diafragma]] e intercostais. En menor grao ocupan o [[esófago]], a [[graxa]] do [[fígado]], [[pulmón]]s, os [[ganglio linfático|ganglios linfáticos]] e o tecido celular subcutáneo, dando orixe á [[cisticercose]] bovina. A esta forma enquistada se lle chamou tradicionalmente ''Cysticercus bovis'' ou ''inermis''. Cando estes cisticercos viables (metacestodos, ou formas larvarias ou intermedias) son inxeridos polo ser humano coa [[carne]], ou outros tecidos crus ou pouco cocidos, o protoescólex que conteñen sae da súa envoltura, evaxínase e fíxase á [[mucosa intestinal|parede intestinal]], dando orixe ao parasito adulto, e despois de tres meses obsérvase a eliminación de proglótides grávidos ou período prepatente.<ref>University of Cambridge: Department of Pathology. [http://www.path.cam.ac.uk/~schisto/Tapes/Taenia.html]</ref>