La Amistad: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 19 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q754490
citation added
Liña 47:
 
==Historia==
Uns cincocentos africanos foran secuestrados en [[Serra Leoa]] e transportados ata [[A Habana]], [[Cuba]], (entón [[Colonialismo|colonia]] española) polo barco negreiro [[Portugal|portugués]] [[Tecora]], onde foron vendidos como escravos. Cincuenta e tres deles foron trasladados á ''La Amistad''.<ref name="WDL">{{cite web |url = http://www.wdl.org/en/item/3080/ |title = Unidentified Young Man |website = [[World Digital Library]] |date = 1839-1840 |accessdate = 2013-07-28 }}</ref>
 
A viaxe comenzou o [[28 de xuño]] de [[1839]] con dirección a [[Porto Príncipe]]. Porén, o [[2 de xullo]], un dos africanos, de nome [[Joseph Cinqué]], conseguiu ceibarse e fixo o mesmo cos demais cautivos. Os confinados mataron ó cociñeiro do barco e tamén ó capitán, nunha loita na que tamén morreron dous dos escravos. Dous mariñeiros fuxiron. Porén, perdoaron as vidas dos dous donos da carga humana a bordo, de apelidos Ruiz e Montes, os cales lles prometeran que conducirían a embarcación ata [[África]]. Tamén perdoaron ó escravo persoal do capitán.
 
Non obstante, os africanos foron enganados, sendo conducidos cara o norte con rumbo á costa estadounidense, onde o barco foi avistado repetidas veces.<ref name="WDL"/> Soltaron áncoras a media milla de [[Long Island]], [[Nova York]], o [[26 de agosto]]. Algúns dos africanos foron á beira a conseguir auga e provisións, e a embarcación foi descuberta polo [[bergantín]] ''Washington''. O tenente Gedney, que comandaba o buque, axudado polos seus oficiais e tripulación, tomaron ''La Amistad'' e ós escravos baixo custodia, conducíndoos ó estado de [[Connecticut]]. Despois presentaría un reclamo por escrito baixo a lei de almirantado polo salvamento do barco, da carga, e dos africanos. Gedney presuntamente elixiu atracar en Connecticut porque, a diferenza do [[Estado de Nova York]], a escravitude era tecnicamente legal alí (aínda que extremadamente rara), e agardaba sacar proveito dos escravos.
 
O caso, amplamente publicitado en [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]], axudou ó movemento [[Abolicionismo|abolicionista]]. En [[1840]], unha corte federal resolveu que o secuestro dos individuos na súa terra natal, e o posterior transporte, foran ilegais. Asemade, nos [[Estados Unidos de América - United States of America|Estados Unidos]] só podían ser considerados escravos os nados de pais escravos, xa que a importación fora prohibida en [[1808]]; polo tanto, os africanos eran homes libres. A [[Corte Suprema dos Estados Unidos]] confirmou a sentenza o [[9 de marzo]] de [[1841]], e os raptados viaxaron de volta ó seu fogar en [[1842]].<ref name="WDL"/>
 
Este suceso serviu de inspiración para o filme ''[[Amistad]]'' de [[1997]], coa dirección de [[Steven Spielberg]] e as actuacións de [[Djimon Gaston Hounsou]], [[Matthew McConaughey]], [[Morgan Freeman]], [[Anthony Hopkins]], e [[Stellan Skarsgård]].
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
 
[[Categoría:Barcos]]