Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|1=Danse máis de trinta ligazóns externas a imaxes diversas, máis ningunha fonte ou referencia que apareza nunha publicación acreditada que poidan verificar o contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema.|data=maio de 2013}}
{{Fusióndesde|Historia de Nápoles}}
{{ortografía}}
{{Coordenadas|43|50|N|14|15|E|display=title}}
A '''historia urbana de [[Nápoles]]''' reflexa o crisol de culturas que ten conformado a urbe ao longo de caseque tres milenios. Achados arqueolóxicos recentes confirman o poboamento da área da cidade incluso antes, no final do [[neolítico]] (IV milenio antes da nosa era), e tamén acháronse tempo atrás tumbas da Cultura do Gaudo (finais do III milenio aC).
{{Cidade de Italia
|nome = {{PAGENAME}}
|imaxe bandeira = Flag of Naples.svg
|imaxe bandeira tamaño = 125px
|imaxe escudo = CoA Città di Napoli.svg
|imaxe escudo tamaño = 75px
|imaxe = Napoli6.png
|tamaño imaxe = 275px
|situación = [[File:Map of comune of Naples (province of Naples, region Campania, Italy).svg|250px]]
|rexión = [[File:Regione-Campania-Stemma.svg|20px|border|Bandeira de Campania]] [[Campania]]
|provincia = [[File:Provincia di Napoli-Stemma.png|20px|border|Provincia de Nápoles]][[Nápoles]] (NA)
|nome oficial = Napoli
|lingua = [[Lingua Toscano|Toscano]]
|nome outro =
|altitude = 1.444 m Monte S. Angelo
|superficie = 1.171
|poboación = 3.080.254
|ano poboación = 2011
|densidade = 2 630,45
|xentilicio =
|código postal = 80121-80147 (Nápoles), 80010-80079 (provincia)
|teléfono = 050
|alcalde = Antonio Pentangelo (PDL)
|patrón =
|día patrón =
|mapa = TOS-Mappa.png
|tamaño mapa = 275px
|sitio web = [http://www.provincia.napoli.it www.provincia.napoli.it]
}}
 
==Colonias gregas en territorio romano==
'''Nápoles''' (''Napoli'' en [[Lingua italiana|italiano]]) é unha cidade do sur de [[Italia]] no litoral da rexión da [[Campania]], presentando na súa costa o principal [[Porto (comunicacións)|porto]] marítimo do sur [[Italia]]. Esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 ([[2005]]) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior da Italia) e tendo unha [[densidade de poboación]] de 8.457 hab/km².
Aínda que obxecto de controversia, puido existir un primeiro estabrecemento comercial de gregos de [[Rodas]] na pequena illa de Megaride (a poucos metros da costa, agora unida a terra, asento do Castelo do Ovo) xa no século IX aC. O certo é que gregos de [[Eubea]], no século VIII aC, fundaron a colonia de [[Cumas]] (20 km ao oeste na costa do [[mar Tirreno]]) e un século despois, estes estabreceron unha colonia de seu fronte a illa Megaride na boa defensa natural do outeiro Echia (ou Pizzofalcone) que chamaron '''Parténope''' (680 aC <ref> ''Recreación hipotética de Parténope sobor do Pizzofalcone; á dereita, Megaride'' [http://faculty.ed.umuc.edu/~jmatthew/naples/ancpart.jpg]</ref>, disque pola lenda da serea epónima da [[Odisea]]).
 
[[Ficheiro:Panoramald.JPG|miniatura|250px|A illa Megaride e o outeiro Pizzofalcone, lugar do nacemento de Nápoles (ao fondo da baía, o [[Vesuvio]]).]]
[[Ficheiro:Napol.jpg|miniatura|centro|600px]]
O intento dos [[etruscos]] de dominaren o sur da península Italiana e o seu ataque a Cumas (524 aC) marcaron o final dun período da prosperidade comercial de Parténope (mesmo seica destruída). Coa victoria final dos gregos da [[Magna Grecia]] (concretamente os de [[Siracusa]]) sobor dos etruscos e a recuperación do dominio do golfo, unha nova fundación (tamén por atenienses), a carón de Parténope (que foi renomeada '''Palépolis''', "cidade vella") e sobor da chaira, foi levada adiante no 474 aC <ref> ''Planta de situación de Megaride, Parténope e Neápolis (cos barcos descubertos no porto grecoromano)'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-22-10.jpg]</ref><ref> ''Recreación de Palépolis (Parténope) e Neápolis no golfo co Vesubio de fondo'' [http://faculty.ed.umuc.edu/~jmatthew/naples/oldnew.jpg]</ref>.
Recibíu o nome de '''Neápolis''' ("cidade nova"), trazada segundo unha planta hipodámica con tres rúas leste-oeste principais, ágora na central, acrópole no máis elevado ángulo noroeste e xa fortemente amurallada (<ref> ''Planta de Neápolis sobor da cidade moderna; ('''C''') a acrópole '' [http://www.dine.unina.it/IAHS/Web_napoli_greca.jpg]</ref> murallas que foron reforzadas no século seguinte).
 
O florecemento comercial baixo a hexemonía marítima ateniense (incremento de poboación ata os 30.000 habitantes) viuse ameazado polos pobos [[samnitas]] da rexión. Unha alianza coa potencia emerxente, os [[Roma Antiga|romanos]], rematou coa incorporación das cidades xemelgas ao seu dominio (327 aC) inda que mantendo a súa idiosincrasia.
==Véxase tamén==
A bonanza continuou coma base naval ata o século I aC. Xusto despois de concedida a cidadanía romana caeu en desgracia sucesivamente con [[Sila]] e [[Xulio César]] entrando nun período de decadencia comercial (agravada pola erupción do Vesubio no 79 dC cuxos seísmos á danaron) pero mantendo o prestixio cultural grego que a convertía en atractiva para as elites do [[Imperio Romano|Imperio]] (residencia de [[Virxilio]]) <ref> ''Planta de Neápolis en época romana; B.Capasso'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_7a.jpg]</ref>.
===Outros artigos===
*[[Historia de Nápoles]].
 
O organismo urbano mantívose nas suas liñas principais (e será a base da vila medieval) coa caracterización propia dunha cidade romana: [[Senado romano|foro]] no canto do ágora co templo dos Dióscuros <ref> ''Páxina sobor da Neápolis grecorromana; Giulia Grassi'' [http://www.scudit.net/mdpizza_napoli.htm]</ref>, termas, dous teatros (un cuberto ou odeón), acueduto, fontes e cloacas. Producíuse unha expansión progresiva cara ao porto (localizado ao suroeste <ref> ''Recreación a vista de paxaro da cidade greco-romana'' [http://www.francescocorni.com/disegni/miniature/Napoli_greco_romana_Citta_Napoli_Campania_Italia_A_Ur_CAM_Napoli2.jpg]</ref>), mesmo cunha ampliación das murallas en 556 dC polo xeneral bizantino [[Narsés (xeneral bizantino)|Narsés]]. Co final do Imperio e o ascenso do [[cristianismo]] aparecen os primeiros templos paleocristiáns (o baptistero de S.Giovanni e a basílica de Sta.Restituta, fundada polo emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]], xermolo ambos da primeira catedral de Neápolis).
[[Categoría:Cidades de Italia]]
 
==Epoca medieval==
{{Link FA|es}}
Despois do breve período baixo o poder dos [[ostrogodos]] (que confinaron no 476 ao último emperador [[Rómulo Augústulo]] no que fora a suntuosa vila de Lucullus, xa fortificada, na illa de Megaride) Nápoles pasou a órbita do [[Imperio Bizantino]] recuperando así a súa identidade grega (a lingua voltou a equiparárese oficialmente co latín). Dende o [[século VII]] foi capital do Ducado de Nápoles que, co debilitamento do poder bizantino, rematou sendo independente ([[século IX]]). O pazo ducal sobor do antigo pretorio bizantino seica ubicábase no solar da futura universidade federicana. A cidade enchéuse de igrexas e mosteiros fundados neste tempo <ref> ''Mapa interactivo de Nápoles con información pormenorizada da época medieval'' [http://maps.google.com/maps/ms?hl=en&ie=UTF8&msa=0&msid=202713283966559584978.00044815837450190c814&source=embed&ll=40.848813,14.257936&spn=0.015972,0.027509&z=15]</ref>.
{{Link FA|hu}}
 
{{Link FA|it}}
En 1139 foi conquistada polos [[normandos]], que contaban co apoio papal, pasando a formares parte do seu [[Reino de Sicilia]] con capital en [[Palermo]]. Ademais de iniciaren a fortificación definitiva do [[Castelo do Ovo]] na illa de Megaride, construíron o Castelo Capuano (sobor dun anterior ''castrum'' bizantino) no extremo leste da muralla e ampliaron esta inda máis ao suroeste <ref> ''Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_8a.jpg]</ref>, a carón do porto, que adquire gran relevancia (mesmo chegando a pertencer a [[Liga Hanseática]], 1164).
 
En 1194, sen herdeiro normando, apoderouse do trono do reino o emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] Enrique VI Hohenstaufen. O seu sucesor [[Federico II]] convirtíu o Castelo Capuano en residencia real e fundou os ''Studi Generali'' (a Universidade de Nápoles).
 
==A capital do Reino de Nápoles==
No contexto das loitas entre ''güelfos'' e ''gibelinos'', en 1266 a cidade pasou as mans do partidario do papa, Carlos I de Anjou, que convirtíuna na capital dun Reino de Sicilia dividido (orixe do Reino das Dúas Sicilias do século XIX).
 
Os anxevinos emprenden de seguida unha laboura de ampliación e embelecemento da nova sede real. Coma residencia da corte erixen fora de murallas e xunto ao porto (que tamén amplían cun gran peirao, o ''Molo Grande'') unha nova fortaleza, o ''Maschio Angioino'' ou [[Castel Nuovo]] (1282, onde serán invitados [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]], [[Petrarca]] e Giotto). Entre o castelo e a muralla (nova Porta Petruccia) aparece o ''Largo delle Corregge'' (actual Via Medina) con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e arsenal.
E aínda outro castelo, o de S. Elmo sobre o outeiro do Vomero que domina a cidade, foi erixido no século seguinte (e ao seu carón a Cartuxa de S.Martiño).
 
As murallas son refeitas na súa metade sur cunha ampliación ao sueste arredor da nova Praza do Mercado, trasladado dende o antigo foro, sito onde eríxese San Lorenzo Maggiore. Tamén dentro dos muros constrúense outras grandes igrexas: S. Domenico Maggiore, Sta. Chiara con frescos de [[Giotto]] e principalmente o Duomo (a nova catedral xunto a Sta.Restituta e o baptistero paleocristián ao leste da área do foro <ref> ''Conxunto do Duomo coa catedral gótica a carón dos templos paleocristiáns (á esquerda)'' [http://www.treccani.it/export/sites/default/Portale/resources/images/sito/scuola/dossier/archeologia/8_clip_image016.jpg]</ref>).
 
[[Ficheiro:Tavola Strozzi - Napoli.jpg|700px|centro|miniatura|Nápoles no fin do medievo (''Tavola Strozzi'', 1473): Castel Nuovo e o Molo Grande do porto a carón da vella cidade amurallada.]]
 
==Desenvolvemento baixo o dominio español==
[[Ficheiro:Napoli Maschio Angioino.jpg|miniatura|esquerda|200px|Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.]]
En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da [[Coroa de Aragón]]. O [[humanismo]] renacentista vai teres un foco na corte de [[Afonso V de Aragón|Afonso I]] quen refai Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso <ref> ''Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal'' [http://farm4.static.flickr.com/3245/2902147627_7e2c44a503.jpg]</ref>. Un novo recinto de murallas exténdese ata o castelo abarcando xa a área do ''Largo delle Corregge'' <ref> ''Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito'' [http://i50.tinypic.com/a0e16d.jpg]</ref>. A poboación comeza a medrares por unha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara ao final do século.
 
Nos dous séculos seguintes, baixo o goberno dos vicerreis do [[Imperio Español]], Nápoles mantivo a tendencia de forte crecemento económico e poboacional que a levaron a se converter nunha das maiores de [[Europa]] (300.000 habitantes, só tras [[París]] e [[Londres]]). Tamén no cultural continuou a súa ascendencia con nomes como os de [[Caravaggio]] e [[José de Ribera|Ribera]] o "''Spagnoletto''", [[Giordano Bruno]], T.Campanella ou [[Giambattista Vico]] asociados á Nápoles deste tempo.
[[Ficheiro:Braun Napoli UBHD.jpg|miniatura|300px|Nápoles no século XVI.]]
O vicerrei [[Pedro Álvarez de Toledo]] (1532-1553) foi o artífice da cidade na nova época. Abríu a área urbana cunha nova expansión ao oeste da muralla, renacentista de bastións incrementando nun tercio a superficie arrodeada, ata o Castelo S.Elmo (refeito) e o Castelo do Ovo. Coma espiña dorsal da ampliación planificou unha rúa rectilínea (Vía Toledo na súa honra e que co tempo foise flanqueando con pazos) que, tanxente a vila medieval (de feito sobre o muro aragonés), servíu de base para a densa extensión reticular coñecida como os ''Quartieri Spagnoli'' ("Barrios Españois", en principio para aloxar ás tropas <ref> ''Traza dos Quartieri Spagnoli'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_10b.jpg]</ref><ref> ''Vista de Nápoles cos Quartieri Spagnoli apoiados na Vía Toledo, entre a zona do Largo delle Corregge e o Castelo S.Elmo xunto a Cartuxa de S.Martiño no Vomero''[http://www.blunapoli.it/citta/cartografia/25505.jpg]</ref><ref> ''Idem detalle'' [http://www.palazzozevallos.com/images/foto_cartografia.jpg]</ref>). Ademais da pavimentación de rúas e ampliación considerable dos arsenais erixíu, no comezo da Vía Toledo preto de Castel Nuovo, un pazo vicerreinal onde no século seguinte vaise erixir o futuro Pazo Real <ref> ''O Pazo Vicerreinal ao comezo da Vía Toledo; Lafrey 1566, detalle'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-2.jpg]</ref>.
 
En concreto, no 1600 por encargo do entón vicerrei [[Fernando Ruiz de Castro Andrade]], [[Conde de Lemos]], e con proxecto de D.Fontana comezou a obra que vai configurar un dos puntos focais da cidade moderna. Entre a Vía Toledo e o mar, enfrontando o outeiro Pizzofalcone, a fachada porticada do pazo ábrese a occidente nun novo espazo público nomeado entón ''Largo di Palazzo'' <ref> ''Traza do século XVII coa área do Largo di Palazzo e o aínda novo Pazo Vicerreinal; nótese o desenrolo námbolos dous flancos de Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante-94-05-3b.jpg]</ref><ref>''Vista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-9.jpg]</ref><ref> ''Idem noutra vista, L.Coccorante 1739'' [http://www.robilantvoena.com/images/content/inventory/58/COCCORANTE-naples-65.5x156.jpg]</ref>. No canto dun proxecto tamén de Fontana para ampliares o porto cun segundo gran peirao que non foi posto en funconamento (terá que agardar ata o s.XIX) o frente costeiro baixo o pazo foi acondicionado coma porto militar co Arsenal vicerreinal (1578) e unha dársena (1666).
 
==Capital borbónica==
No [[século XVIII]] a cidade vai seguires crecendo cara ao oeste, pola vía Chiaia que parte do ''Largo di Palazzo'' rodeando Pizzofalcone, ata o barrio burgués de Chiaia na ribeira; e tamén cara ao norte, co barrio popular ao pé do outeiro de Capodimonte <ref> ''Mapa de Nápoles co desenrolo do s.XVIII'' [http://historic-cities.huji.ac.il/italy/napoli/maps/stockdale_1800_napoli_m.jpg]</ref>.
 
Antes de acceder ao trono español, [[Carlos III de España|Carlos III]] de Borbón era monarca dun Reino de Nápoles novamente independente trala guerra de Sucesión Española e un breve período de goberno austríaco. Coma despois en [[Madrid]], tamén foi un bo "alcalde" para Nápoles. Baixo o seu goberno a cidade acadou o seu cénit como capital europea.<br>
Freou a extensión dos bens eclesiásticos e desconxestionou a cidade abatendo parte das murallas. Construíu o xigantesco Albergue de Pobres e a Vila Real de Capodimonte na expansión da cidade ao norte <ref> ''Planta de Nápoles de 1790; no extremo norte o gran edificio do Albergo dei Poveri e o Pazo de Capodimonte'' [http://sit.regione.campania.it/cavitapianura/cartografia/06190.jpg]</ref><ref> ''Vista de Nápoles dende o leste: o Pazo di Capodimonte no centro arriba, a longa fachada do Albergue (354m) a media ladeira á dereita; Tavola Duca di Noja 1775 [http://quinapoli.altervista.org/Siti_dArte/1775-DucaDiNoja-B.jpg]</ref> mentres no conxunto do xa Pazo Real acaroou o Teatro de San Carlo <ref> ''Planta da área do Pazo Real no s. XVIII xa co Teatro de San Carlo; nótese o arsenal vicerreinal e dársena militar do XVII'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-4.jpg]</ref>. Asemade impulsou as escavacións arqueolóxicas de [[Herculano]] e [[Pompeia]] que deron nacemento ao [[Neoclasicismo]] (fundación polo seu sucesor do Museo Arqueolóxico).
[[Ficheiro:Napoli-piazzaplebiscito01.jpg|miniatura|195px|esquerda|Praza do Plebiscito cara ao outeiro Pizzofalcone; de diante S.Francisco de Paula e a columnata en exedra.]]
[[Ficheiro:Sant elmo da pleb.JPG|miniatura|195px|Praza do Plebiscito cara a V. Toledo o Pazo Real á dereita, Pazo Prefectura enfronte e Castelo S.Elmo no Vomero.]]
Foi no breve período de ocupación napoleónica (1805-15) cando o ''Largo di Palazzo'' reorganizouse coma unha verdadeira gran praza, centro representativo da capital (Foro Murat, actual Praza do Plebiscito): un monumental hemiciclo columnado coa posterior igrexa de S.Francisco de Paula (neoclásica segundo o [[Panteón (Roma)|Panteón]] romano) coma centro fronte á fachada do Pazo Real <ref> ''Planta do conxunto da Praza do Plebiscito: pechando os laterais foron erixidos dous pazos de fachadas simétricas entre finais do XVIII e 1825'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-21.jpg]</ref><ref> ''Vista aérea do conxunto da Praza do Plebiscito'' [http://farm3.static.flickr.com/2402/2505798232_7c3879b9fa.jpg]</ref>. No outro extremo da vila, o amplo vacío da Praza do Mercado medieval sistematizárase xa a finais do século XVIII cunha proposta semellante inda que a escala moi modesta. Tamén de época napoleónica foi a continuación do eixo de Vía Toledo cara ao norte dende o Museo Arqueolóxico ata Capodimonte (''Corso Bonaparte'').
 
==O saneamento de Nápoles: os ''sventramenti''==
No final do período borbónico (xa como [[Reino das Dúas Sicilias]]) houbo unha laboura de modernización (primeiro ferrocarril italiano en 1839; novo gran peirao no porto, Molo de S.Vicenzo; reconstrución do Teatro San Carlo na Praza Trieste e Trento adxacente á do Plebiscito; incipiente industrialización coa cerámica de Capodimonte) que foi continuada xa dentro do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] despois de 1860. As insalubres condicións no casco histórico levaron ao Plan de ''Risanamento'' (1885-1914). Os obxectivos non foron acadados, a especulación gañou, as destrucións do patrimonio (os ''sventramenti'') inxentes e a división clasista da cidade manifesta.
[[Ficheiro:Brogi, Carlo (1850-1925) - n. 10209 - Napoli - Interno della Galleria Umberto I - Architetto Ernesto de Mauro.jpg|miniatura|150px|esquerda|Galería Umberto I.]]
[[Ficheiro:Sancarlo05.jpg|miniatura|128px|O Teatro S.Carlo e a entrada da galería dende a Praza Trieste e Trento.]]
Así no organismo consolidado abríronse novas estradas para desconxestionar o vello tecido: Vía Duomo no trazado grecorromano; Corso Umberto I dende a Praza Garibaldi diante da estación ao leste ata a zona de Castel Nuovo <ref> ''Planta de detalle do trazado do Corso Umberto I 8coñecido coma Rettifilo)'' [http://www.bancaditalia.it/media/fotogallery/altro/arch_sto_doc/doc13/13_650.jpg]</ref>. Outras arterias permitiron a expansión de novos barrios: o Corso Vittorio Emanuele, rodeando a cidade polo oeste ao pé dos outeiros, facilitou o desenrolo dos burgueses Vomero e Chiaia (coa ribeira entre Pizzofalcone e Mergellina <ref> ''Planta de Nápoles coas actuacións na ribeira (tamén trazado do Corso Umberto I e pódese apreciar a perpendicular da Via do Duomo)'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_12b.jpg]</ref>). No leste arredor da estación, nunha zona de sempre pantanosa, foron implementados os novos barrios obreiros (Vicaria, Arenaccia e Zona Industriale) <ref> ''Mapa do Plan de Risanamento de Nápoles cos novos barrios'' [http://i41.tinypic.com/210c6s3.jpg]</ref>.
 
Finalmente, na área noble da urbe, foi sistematizada a Praza Municipio (a carón do Castel Nuovo co concello <ref> ''Vista de época da Praza Municipio'' [http://www.fotonapoli.it/urbane/slides/Municipio%20(Piazza%20del).%20Veduta%20dal%20faro..jpg]</ref>) e construída a monumental Galería Umberto I fronte ao Teatro San Carlo <ref> ''Fotografía dende a Praza Trieste e Trento das fachadas enfrontadas da Galería Umberto I (esquerda) e do Teatro San Carlo; ao fondo Castel Nuovo'' [http://i56.tinypic.com/2u4jwic.jpg]</ref>. Na ribeira leste do Pizzofalcone, xunto ao Castelo do Ovo, en terreos gañados ao mar foi planificado o pequeno Borgo de Santa Lucía <ref> ''Planta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa Lucía'' [http://digilander.libero.it/SuperTim/immagini/SantaLucia2004.jpg]</ref><ref> ''Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893'' [http://freepages.genealogy.rootsweb.ancestry.com/~itasicily/maps/1893_napoli-2.jpg]</ref>.
 
==Século XX==
No [[século XX]] Nápoles vai quedar relegada ao papel de capital do sur de Italia (o ''Mezzogiorno''), con diferencia a zona máis atrasada do país, cunha emigración endémica e arraigados problemas de crimen organizado que infiltran a vida civil e política.
 
O desenrolo da cidade continuou da man da importancia do seu porto, que experimentou unha constante expansión ao leste <ref> ''Planta do Porto de Nápoles'' [http://www.porto.napoli.it/img/PlanimetriaConLegenda.jpg]</ref>. Durante o período fascista, precisamente co gallo das ambicións imperialistas daquel, a cidade foi elixida para a construción da Mostra d'Oltramare (1937), un parque feiral permanente na periferia oeste (en Fuorigrotta, nos Campos Flégreos).
 
Nápoles resultou moi danada na [[Segunda Guerra Mundial]] e a recuperación posterior foi lenta e chea de ilegalidades que incrementaron a conxestión. Dende os anos sesenta o plan de [[Kenzo Tange]] para un centro de negocios ao leste da estación que revitalizara a zona e de paso á enteira cidade non foi posto en funcionamento ata os anos noventa (Centro Direzionale <ref> ''Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) ''[http://architettura.unipa.it/lopiccolo/2/5-PRG1939TentatividiVarianti.jpg]</ref>), e simboliza a esperanza de futuro da vella Neápolis <ref> ''Vista aérea do porto de Nápoles cos rañaceos do Centro Direzionale enriba das vías no centro da imaxe'' [http://www.paestum.de/jpg/napoli/napol5a309_75.jpg]</ref>.
 
==Notas==
{{Listaref|2}}
 
{{ORDENAR:Nápoles}}
[[Categoría:Historia de Nápoles]]
[[Categoría:Historia de cidades]]