NF-κB: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 69:
A activación do NF-κB comeza pola degradación inducida por sinal de proteínas IκB. Isto ocorre principalmente mediante a activación dunha [[quinase]] chamada [[IκB quinase]] (IKK). A IKK está formada por un heterodímero das subunidades catalíticas de IKK alfa e IKK beta e por unha proteína reguladora “mestra” chamada [[NEMO]] (modulador esencial do NF-κB) ou IKK gamma. Cando se activa por sinais, normalmente procedentes de fóra da célula, a IκB quinase [[fosforilación|fosforila]] dous residuos de [[serina]] localizados nun dominio IκB regulador. Unha vez fosforiladas estas serinas (por exemplo, as serinas 32 e 36 na IκBα humana), as moléculas do inhibidor IκB son modificadas por un proceso chamado [[ubiquitina|ubiquitinación]], que despois as leva a ser degradadas por unha estrutura celular chamada [[proteasoma]].
Coa degradación de IκB, o complexo NF-κB é libre para entrar no núcleo onde pode activar a expresión dos xenes específicos que teñen preto sitios de unión ao ADN para NFκB. A activación destes xenes por NF-κB entón induce unha resposta fisiolóxica, como por exemplo, unha resposta inflamatoria ou inmune, unha resposta de supervivencia celular, ou unha proliferación celular. NFκB activa a expresión do seu propio represor, IκBα, e este represor IκBα novamente sintetizado reinhibe NFκB e, por tanto, forma un bucle de autorretroalimentación, que provoca niveis oscilatorios de actividade do NFκB. <ref name="pmid15499023">{{cita publicación | autor = Nelson DE, Ihekwaba AE, Elliott M, Johnson JR, Gibney CA, Foreman BE, Nelson G, See V, Horton CA, Spiller DG, Edwards SW, McDowell HP, Unitt JF, Sullivan E, Grimley R, Benson N, Broomhead D, Kell DB, White MR | título = Oscillations in NF-κB signaling control the dynamics of gene expression | revista = Science | volume = 306 | número = 5696 | páxinas = 704–8 | ano = 2004 | pmid = 15499023 | doi = 10.1126/science.1099962 }}</ref>Ademais, varios [[virus]], como o [[VIH]] causante da [[SIDA]], posúen sitios de unión para NFκB que controlan a expresión de xenes virais, que á súa vez contribúen á replicación viral ou á patoxenicidade viral. No caso do [[VIH-1]], a activación do NFκB pode verse implicada, polo menos en parte, na activación do virus desde un estado latente e inactivo. <ref name="pmid11160127">{{cita publicación | autor = Hiscott J, Kwon H, Génin P | título = Hostile takeovers: viral appropriation of the NF-κB pathway | revista = J. Clin. Invest. | volume = 107 | número = 2 | páxinas = 143–51 | ano = 2001 | mes = January | pmid = 11160127 | pmc = 199181 | doi = 10.1172/JCI11918 | url = }}</ref> O YopP é un factor secretado pola [[bacteria]] ''[[Yersinia]] pestis]]'', o axente causante da [[peste]], que impide a ubiquitinazión de IκB. Isto provoca que este axente patóxeno inhiba eficazmente a vía NF- κB e así bloquea a resposta inmune dunha persoa infectada con ''[[Yersinia]]''. <ref name="pmid18201977">{{cita publicación | autor = Adkins I, Schulz S, Borgmann S, Autenrieth IB, Gröbner S | título = Differential roles of Yersinia outer protein P-mediated inhibition of nuclear factor-κB in the induction of cell death in dendritic cells and macrophages | revista = J. Med. Microbiol. | volume = 57 | número = Pt 2 | páxinas = 139–44 | ano = 2008 | mes = February | pmid = 18201977 | doi = 10.1099/jmm.0.47437-0 | url = }}</ref>
 
=== Inhibidores da actividade NF-κB ===