Xudaísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
*evoluíndo>evolucionando
Liña 69:
A "profesión de fe" dun xudeu é: "Shemá‘ Yisraél Adonay Elohénu Adonay echad", é dicir: "Ouve Yisrael, o Eterno é noso Deus, o Eterno é un" (nótese que moitos xudeus asquenasí usan aquí a palabra hebraica 'Hashem' en lugar de 'Adonay', literalmente "o nome", como unha alusión a ''O seu Santo Nome'' que non pode ser pronunciado ou escrito.)
 
Se ben que o xudaísmo teña sempre recoñecido un certo número doutros [[principios de fe xudaicos]], nunca desenvolveu un catecismo obrigatorio. Xurdiron variadas formulacións das crenzas xudaicas, a maioría das cales teñen moito en común, mais diverxen en varios aspectos. Nos últimos dous séculos, a comunidade xudaica dividiuse en varios [[movementos xudaicos]]. Cada un deles ten unha abordaxe diferente no estilo de vida, cada movemento cumpre máis ou menos leis. A maior parte das formas de xudaísmo ortodoxo xeralmente cumpren moitos preceptos, ao paso que as formas non ortodoxas de xudaísmo xeralmente defenden que os principios foron evoluíndoevolucionando co tempo e adaptan o xudaísmo aos costumes locais. Estes tópicos son discutidos con maior profundidade no artigo sobre os [[principios de fe xudaicos]].
 
== Que fai de alguén xudeu? ==