Ares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3053658 de Rirolu (conversa) desfago edición ó engadirse material con dereitos de autor de http://www.concellodeares.com/historia.php
Liña 67:
== Goberno municipal ==
[[Julio Ignacio Iglesias]] é o alcalde de Ares dende xuño de 2007. Goberna en solitario cos únicos apoios estables dos 5 concelleiros do seu grupo, o [[PSdeG]]. Na oposición, sentan os edís de [[PP]], [[BNG]] e do grupo independente [[NAL]].
 
== Historia ==
 
'''Orixe'''
 
Situada no "seo dos ártabros", Ares é unha vila de raza celta, pobo que a ocupou e do que quedaron moitos vestixios, así como doutros pobos que en se estableceron ou pasaron por ela.
 
A vila foi fundada polos celtas, pero hai tamén constancia do paso de romanos e suevos. É salientable o asentamento dunha colonia de xudeus na Baixa Idade Media, que chegou á vila fuxindo da persecución dos Reis Católicos. Establecéronse no século XV no barrio de O Porto, á beira do mar, para traballar no comercio do sal. A importancia desta colonia era tan grande que incluso tiña a súa propia sinagoga, da que se conserva unha parte da estrela de David que hoxe sirve de lintel dunha casa. No arquivo municipal áchanse nomes de personaxes xudeus que interviñeron activamente na política e cultura da vila.
 
'''Etimoloxía'''
 
Descoñécese a etimoloxía de Ares. Podería ser fenicia, a que Ara Solis era unha cidade deste pobo en Finisterre. O historiador ferrolán Benito Vicetto afira que é grega e que en Montefaro, monte en cuxa ladeira está a vila, había un templo dedicado ao Sol. Hai uns anos, nunhas escavacións realizadas en terreos do ex-convento de terciarios de Montefaro apareceu unha pedra cun disco solar que podería corroborar o afirmado polo devandito escritor. Esta pedra está exposta no xardín-museo do convento, hoxe dependencia militar. No mesmo monte hai un lugar chamado “Pena bailadora”, que sen dúbida alude ao monumento megalítico celta.
 
Ares era o nome que os gregos daban ao seu deus da guerra, Marte. Porén, os historiadores Verea y Aguilar e García de la Riega inclínanse pola ascendencia céltica, xa que a raíz céltica de AR ou ARU indica “Deus” e con este nome e derivados fundáronse numerosas vilas na zona que ocuparon: Ares, Areosa, Arosa...
 
'''Escudo'''
 
Ares ten como escudo de armas un castelo que, sen dúbida, fai referencia aos numerosos castelos que gornecían o seu territorio: S. Martín de Padilla e Segaño na ría de Ferrol e Sta. Marina, S. Fernando e Raso que defendían a entrada do seu porto na ría de Ares. Tamén podería facer alusión á torre do escudo dos Andrade, poderosa familia que, xunto co Cabido de Santiago, exercía o señorío no territorio. Posteriorente, como se pode ver no novo edificio consistorial, engadíronse ao escudo dúas cocas, paxaro que abunda na ría, sobre as ameas.
 
== Patrimonio histórico ==
 
Polo momento descoñécense razas aborixes anteriores á celta. Na toponimia local quedou abundante léxico proveniente deste pobo: Ixobre en San Vicente de Caamouco, parroquia do Concello; Castro e Mayobre en Ares; Cruz dos Castros na parroquia de Cervás e, sobre todo, Lubre, o lugar sagrado para este pobo celta. Co dito, pódese apreciar que abundan os “castros”, aínda que ningún conserva un bo estado debido á desapiadada destrución sistemática á que foron sometidos na procura de tesouros imaxinarios.
 
Os romanos deixaron tamén constancia do seu paso, como a ponte da “Ciscada”, situada sobre a vía que conducía de Ares a Pontumio (Pontedeume). Tamén a toponimia nos indica esta presenza: Coitelada, Agarrios, Outeiro, Torre, Vigo, Porto, Lago...
 
Os suevos tamén deixaron a súa pegada nesta terra: Aten, un lugar da parroquia de Cervás, en xermano significa “pai”. No acordo resultado dun preito do século XII entre o arcebispo Gelmírez e o bispo de Mondoñedo, D.Gonzalo, sobre xurisdición en Bezoucos, arciprestado que comprende Ares, consta a firma como testemuña do párroco de Cervás Almóndiz, de indubidable ascendencia sueva.
 
Dos árabes pouco cabe citar, xa que non permaneceron aquí, soamente o facían nas “razias”, incursións nun país inimigo coa finalidade de conseguir un botín. Os historiadores falan dunha batalla en Pontumio con D. Fraguela e doutras dúas nos tempos de Alfonso II o Casto que librou contra os árabes nesta comarca. Aínda hoxe subsiste na vila unha praza co nome de “Alfolí”, de orixe árabe.
 
Os ingleses tamén apareceron nestas terras, como sucedeu no ano 1719, no que desembarcaron no areal de Chanteiro, parroquia de S. Pedro de Cervás, nun amago de caer despois sobre Vigo. En 1804, e con motivo do cerco de Ferrol, a escuadra inglesa apoderouse da ría, chegando a carenar os seus buques no areal do Raso.
 
Os franceses estiveron dúas veces na vila, no ano 1808 e no 1823, do que hai abundantes testemuñas no arquivo municipal.
 
A casa dos Andrade exercía o seu señorío no municipio e percibía a renda de froitos chamada “Pan de Chanteiro”, que se recollía en Lubre, parroquia matriz da Vila. O máis poderoso desta familia, Fernán Pérez de Andrade “o Bo”, edificou na parroquia de S. Pedro de Cervás a ermida de Nosa Sra. Da Merced e en Montefaro o mosteiro de terciarios de Santa Catalina. Para o sustento da comunidade, concedeulles a vila de Mugardos e portádego da ponte de Pontedeume, onde había un hospital para peregrinos e unha capela onde debía facer misa a comunidade na súa honra.
 
Tamén ten importancia a igrexa románica de Lubre, que era do Cabido e que foi parroquia ata 1720. No seu interior hai interesantes lousas sepulcrais de familias que deron notoriedade á vila, así como un primitivo altar pétreo. Algún historiador afirma que esta edificación non é moi antiga porque en 1753 foi reedificada case por completo polo cabido, xa que estaba en ruínas. Un dos mestres que interviñeron na reconstrución foi Francisco de Monteagudo.
 
Ares conta cun estilo arquitectónico moi orixinal, con casas dunha soa planta e galerías de madeira pintada de cores vivas. Todo o concello está salpicado por edificios de arquitectura indiana. Moitos deles son dunha grade beleza e gozan dun case perfecto estado de conservación. A súa singularidade converteuna nun destino de veraneo moi visitado nos anos 80 e 90. Este feito contribuíu á propia degradación do entorno arquitectónico, que se viu inundado de casas modernas de varios pisos, aínda que hai zonas que conservan o encanto orixinal da vila, como “O Porto”, onde abundan as casas dunha altura e paredes encaladas que envolven arrevesadas canellas.