Juan de Sanclemente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Lameiro moveu a páxina "Juan de Sanclemente Torquemada" a "Juan de Sanclemente": Nome máis coñecido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 2:
 
Estudou na Universidade de [[Alcalá de Henares|Alcalá]] e en [[1569]] era maxistral da catedral de [[Badaxoz]], desde onde foi proposto para ocupar o bispado de Ourense en 1578. Anos despois, en [[1587]], o arcebispo de Santiago [[Alonso Velázquez]] renunciou á sé compostelá por enfermidade e propuxo a Sanclemente para ocupar a vacante. Tomou posesión en outubro dese ano.
 
Entre as moitas obras que mandou realizar en Santiago pódense citar a reparación da muralla da cidade, a da ábsida de Santa Susana e a urbanización da [[Fachada do Paraíso|praza do Paraíso]] (actual praza da fachada da Acibechería, das Catedral).
 
En [[1601]] fundou o [[Colexio de San Clemente]], no Parque da Ferradura de Santiago de Compostela.
 
Xa nos últimos anos da súa vida conseguíu que o cabido catedralicio aprobase a demolición do [[coro pétreo do Mestre Mateo]] construído na catedral de Santiago en [[1200]] e a súa substitución por outro, tallado en madeira, que encargou ós escultores [[Xoán Davila]] e [[Gregorio Español]]. O coro do Mestre Mateo foi desmontado entre 1603 e 1604.